Calibán é a segunda lúa retrógrada irregular máis grande de Urano. Foi descuberta o 6 de setembro do 1997, xunto con Sicorax, por Brett J. Gladman, Philip D. Nicholson, Joseph A. Burns, e John J. Kavelaars usando o telescopio Hale de 200 polgadas e recibiu a designación temporal de S/1997 U 1.
Designada tamén Urano XVI, foi máis tarde bautizada co nome do monstro Calibán da obra de William Shakespeare, A Tempestade.
Características Calibán segue unha orbita distante, a máis de 10 veces máis distancia da que separa Urano da súa lúa regular máis afastada, Oberón. A súa órbita é retrógrada, moderadamente inclinada e lixeiramente excéntrica. Os parámetros orbitais suxiren que poida que, xunto con Stephano e Francisco, pertenzan a un mesmo conxunto de lúas cunha orixe común.
O seu diámetro estimado é de 72 kms (asumindo un albedo de 0,04) facendo da lúa a segunda máis grande das lúas de Urano, a metade de tamaño que Sicorax, a lúa irregular máis grande de Urano.
Algún informes pouco consistentes dánlle a Calibán unha categoría dun corpo de luz vermella'' ( B–V = 0,83 / V–R = 0,52, / B–V = 1,23 / V–R = 0,47), máis vermello que Sicorax pero por debaixo da meirande parte dos obxecto do cinto de Kuiper. Calibán absorbe a luz a 0,7 um, e un grupo de astrónomos pensa que podería se-lo resultado de auga líquida que modificou a superficie.
A curva de luz suxire que o período de rotación é de 2,7h.
Orixe Ó redor de Calibán existe a teoría de que podería ser un corpo capturado. Non se formou no disco de acrección, o cal existía ó redor de Urano, xusto despois da formación do planeta. O mecanismo de captura é descoñecido, pero capturar unha lúa require a disipación de enerxía. O posible proceso de captura incluiría: o arrastre do gas do disco protoplanetario, varios corpos interactuando e a captura durante o rápido proceso de aumento da masa de Urano.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Urano
Ligazóns externas
Caliban Profileby NASA's Solar System Exploration David Jewiit pages Uranus' Known Satellites (by Scott S. Sheppard) Ephemeris IAU-NSES Caliban and Sycorax, Moons of Uranus (2005 Calvin J. Hamilton)
Categoría:Lúas de Urano