Jânio da Silva Quadros, nado en Campo Grande (Mato Groso do Sur) o 25 de xaneiro de 1917 e finado en São Paulo o 16 de febreiro de 1992, foi un político, vixésimo segundo presidente do Brasil, entre o 31 de xaneiro de 1961 e 25 de agosto de 1961 - data en que renunciou, alegando que "forzas terribles" o obrigaban a este acto. En 1985 foi elixido alcalde de São Paulo polo PTB. Foi o único sur-matogrossense presidente do Brasil.
Traxectoria Jânio chegou á presidencia da República de forma moi veloz. En São Paulo, exerceu sucesivamente os cargos de concelleiro, deputado, alcalde da capital e gobernador do estado. Tiña un estilo político exhibicionista, dramático e demagóxico. Conquistou gran parte do electorado prometendo combater a corrupción e usando unha expresión por el acuñada: varrer toda a sucidade da administración pública. Por iso o seu símbolo de campaña era unha vasoira.
Véxase tamén Ligazóns externas O governo Jânio Quadros no sítio oficial da Presidência da República do Brasil As diretrizes de Governo Mensaxe ao Congreso Nacional 1961
Categoría:Presidentes do Brasil Categoría:Nados no estado de Mato Groso do Sur Categoría:Nados en 1917 Categoría:Finados en 1992