Solas é un filme español do ano 1999 dirixido polo andaluz Benito Zambrano.

Argumento A trama da película trata da vida de María, unha rapaza que se gaña a vida como chica da limpeza, que queda embarazada dun home que non a quere e que a deixa abandonada. A súa única saída é a bebida. Vive nun barrio problemático de Sevilla coa súa nai (unha muller cunha vida marcada polas labazadas do seu home que a maltrataba), que se esforza por tratar de cambiar as súas vidas para mellor pouco a pouco. Ten como veciño a un home que non sabe vivir en sociedade que só se leva ben co seu can Aquiles. Entre os tres, que se senten sós, intentarán facer os seus días o máis agradábel posible vivindo o día a día un pouco máis unidos.

Galardóns XIV edición dos Premios Goya Categoría Persoa ResultadoMellor películaCandidataMellor directorBenito ZambranoCandidatoMellor director novelBenito ZambranoGañadorMellor actriz secundariaMaría GalianaGañadoraMellor actriz revelaciónAna FernándezGañadoraMellor actor revelaciónCarlos Álvarez-NóvoaGañadorMellor guión orixinalBenito ZambranoGañadorMellor música orixinalAntonio MeliveoCandidatoMellor montaxeFernando PardoCandidatoMellor dirección de produciónEduardo SantanaCandidatoMellor sonJorge MarínPatrick GhislainCarlos FaruoloCandidatos

Véxase tamén Ligazóns externas Solas Premios

Categoría:Filmes de 1999 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes dirixidos por Benito Zambrano