Catherine Margaret Ashton, baronesa Ashton de Upholland, nada o 20 de marzo de 1956, é unha economista e política laborista británica, Alta Representante da Unión para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade e vicepresidenta da Comisión Europea.

Biografía Catherine Margaret Ashton estudou a carreira na Universidade de Londres. Ten dous fillos e tres fillastros.

Traxectoría política Ashton foi designada Alta Representante da Unión para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade e Vicepresidenta da Comisión Europea o 19 de novembro de 2009 segundo o estipulado no Tratado de Lisboa.

Con anterioridade a esa data desempeñou o cargo de Comisaria Europea de Comercio e previamente traballara como Presidenta da Cámara dos Lores e como Lord President do Consello no primeiro gabinete de Gordon Brown en xuño do 2007. Tamén dirixiu o proceso do Tratado de Lisboa ata a súa ratificación pola Cámara dos Lores.

Entre 1977 e 1979 Ashton traballou na Campaña para o Desarmamento Nuclear e máis tarde foi elixida como a súa tesoureira nacional. Dende 1983 ata 1989 foi directora do Business in the Community traballando en temas de desigualdade.

Categoría:Altos Representantes da Unión Europea para Asuntos Exteriores Categoría:Políticos do Reino Unido Categoría:Políticos do Partido Laborista do Reino Unido Categoría:Nados en Lancashire Categoría:Nados en 1956 Categoría:Alumnos da Universidade de Londres Categoría:Membros da Comisión Europea