miniatura|Altar de Sarrebourg, preto de Metz, da época galorromana con Sucellos e Nantosuelta xuntos Sucellos foi o deus galoA pesar de se considerar exclusivamente un deus galo, atopáronse uns poucos exemplos do seu culto en Britania: Miranda Jane Aldhouse-Green An Archaeology of Images: Iconology and Cosmology in Iron Age and Roman Europe. Routledge, 2004, páxina 145 da agricultura e dos bosques, equivalente do deus druída Dagda da mitoloxía irlandesa. Nas rexións da Galia máis romanizadas, como a Narbonense, o seu culto asimilouse ao do deus romano Silvano.

Iconografía miniatura|200px|Sucellos representado nunha estatuíña de bronce do século III ou II a.C. Sucellos aparece representado en baixorrelevos, estatuíñas de bronce e cerámicaYves Bonnefoy e Wendy Doniger American, African, and Old European Mythologies. University of Chicago Press, 1993, páxina 222, o seu aspecto é o dun home barbán de mediana idade vestido como un galo (túnica, bracca, botas) cunha man terma dunha maza e na outra leva unha cunca. Ás veces aparece á beira de Nantosuelta, a deusa gala da fertilidade. Tamén se conservan algunhas inscricións dedicadas a DEO SVCELLO John Koch Celtic Culture: A Historical Encyclopedia. ABC-CLIO, 2006, páxina 1632 miniatura|200px|Medallón do século III d.C. representando a Sucellos

Mitoloxía Descoñécese con absoluta certeza con que se asociaba a Sucellos, non hai ningún escrito contemporáneo onde se describaMarcel Brasseur. Os celtas. Os deuses esquecidos. Toxosoutos, 2002, páxina 95. Consérvase unha inscrición en Maguncia onde aparece como equivalente ao Xúpiter romanoLuciano Lazzaro Esclaves et affranchis: en Belgique et Germanies romaines, d'après les sources épigraphiques. Presses Univ. Franche-Comté, 1993, páxina 177. Baseándose nunha cita de César, onde comenta que os galos daban culto a Dispater e crían que eran os seus descentes, Salomon ReinachSalomon Reinach Cultes, mythes et religions, volume I. Leroux, 1908, pp 225-228 asociouno con Dispater, postura que comparte DuvalPaul-Marie Duval Les dieux de la Gaule. Payot 1976, páxina 63.

Notas

Categoría:Deuses celtas Categoría:Deuses da agricultura