A Akademio de Esperanto (AdE) é unha institución lingüística independente que ten como tarefa conservar e protexer os principios fundamentais do Esperanto e controlar a súa evolución.
Historia O antecedente da Akademio de Esperanto fundouse en 1905 no primeiro Congreso Universal de Esperanto seguindo unha proposta de L. L. Zamenhof co nome de Lingva Komitato, no seu seo funcionaba unha comisión superior denominada Akademio de Esperanto. En 1948 durante unha reorganización da institución pasou a denominarse co nome desa comisión superior.
Seccións A Akademio de Esperanto funciona con seccións que se encargan de diferentes aspectos, esas seccións non son fixas senón que se crean conforme as necesidades de cada momento, cada sección está baixo a presidencia dun director e cada académico pode pertencer a varias. En 2007 existían as seguintes seccións: Lingua especializada, gramática, dicionario xeral, literatura, pronuncia, control de materiais didáctios e consultas.
A AdE tamén ten comisións que realizan diversas tarefas non lingüísticas, cada comisión está dirixida por un director, en setembro de 2007 só existía unha, a de Historia da Akademio de Esperanto. Membros A Akademio consiste de 45 membros nomeados para un período de nove anos. Cada novo membro debe ser proposto por polo menos cinco membros representando un mínimo de tres linguas diferentes. Presidentes Nationalitade Nome Mandato Johannes R. G. Isbrücker 1948 - 1963 Gaston Waringhien 1963 - 1979 William Auld 1979 - 1983 André Albault 1983 - 1995 Werner Bormann 1995 - 1998 Geraldo Mattos 1998 - 2007 John C. Wells 2007 - en mandato Membros En 2008 os 45 académicos eran os seguintes: Dao Anh Kha Perla Ari-Martinelli Aŝvini Kumar Marc Bavant Gersi Alfredo Bays Benczik Vilmos Gerrit Berveling Marjorie Boulton André Cherpillod Renato Corsetti Probal Dasgupta Michel Duc-Goninaz Gbeglo Koffi Paul Gubbins Miguel Gutiérrez Adúriz Ottó Haszpra Christer Kiselman Boris Kolker Ilona Koutny Katalin Kováts Erich-Dieter Krause Mauro La Torre Li Shijun (Laŭlum) Jouko Lindstedt François Lo Jacomo Anna Lowenstein Ma Young-tae Carmel Mallia Geraldo Mattos Carlo Minnaja Brian Moon Barbara Pietrzak Sergej B. Pokrovskij Otto Prytz Baldur Ragnarsson Flavio Rebelo Saka Tadasi Francisko Simonnet Trevor Steele Humphrey Tonkin Amri Wandel John C. Wells Bertilo Wennergren Xie Yuming Yamasaki Seikô
</center>
Categoría:Academias da lingua