Manoel Bonabal, nado en Santiago de Compostela o 29 de novembro de 1961, é un pintor e gravador galego.

Traxectoria Fillo do escultor Manuel Barreiro Moratalla, estudou na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo de Compostela e no Centro Internacional da Estampa Contemporánea de Betanzos. Entre 2007 e 2009 impartiu obradoiros de Mail Art organizado pola Fundación Granell e Roteiro de Creación, así como as exposicións realizadas na biblioteca pública Ánxel Casal de Santiago de Compostela. É compoñente do grupo de gravado Ravar e dedícase profesionalmente á pintura. Ten o seu obradoiro na Graña (Carreira, Ribeira).

Exposicións individuais "Pingas". Galería J. Lorenzo, Santiago de Compostela (xuño 2006) "Lume". H. Auriense, Ourense (setembro 2006) "En firme". Expolemos, Monforte de Lemos (maio 2007) "De teatro". Casa da Cultura, Sada (xuño 2007) E. das Artes, Porto (setembro 2007) "Xogo". Galería Sargadelos, Monforte de Lemos (novembro 2007) "Xentes". Galería Sargadelos, Madrid (marzo 2008) "Uxía". Exposalnés, Cambados (setembro 2008) "Anacos-Iria". Colexio de Arquitectos, Santiago de Compostela (xullo 2009) "Pingas II". Galería Colección, A Coruña (agosto 2009) Centro Comarcal Tabeirós-Terra de Montes, A Estrada (setembro 2009)

Notas

Categoría:Pintores de Galicia do século XXI Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1961

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes