Marcón é un lugar da parroquia da Ferreirúa, no concello lugués da Pobra do Brollón. En 2008 tiña 50 habitantes (30 homes e 20 mulleres).

Está situada a 480 metros de altitude, aos pés do monte Mioteira e preto do río Picarrexo. Na aldea sitúase un centro para menores da congregación relixiosa de Cristo Rei. No lugar de Marcón están tamén A Casa Grande e A Casa da Torre.

Lugares e parroquias Lugares da Ferreirúa

Parroquias da Pobra do Brollón

Categoría:Lugares da Pobra do Brollón