Nicholas Charles Sparks, nado en Omaha (Nebraska) o 31 de decembro de 1965, é un escritor de Estados Unidos. Todas as súas novelas alcanzaron o primeiro posto nas listas de best-séllers nos Estados Unidos, o que sitúa a Sparks como un dos autores máis populares do seu país.
Traxectoria Nicholas Sparks naceu na noite vella de 1965 en Omaha, Nebraska, fillo de Patrick Michal Sparks, un profesor, e Jill Emma Marie Thoene Sparks, unha ama de casa e asistente dun oftalmólogo. Tiña dous irmáns, Michael Earl "Micah" Sparks (1964–) e Danielle "Dana" Sparks (1966–2000).
De cativo viviu en Minnesota, Os Ánxeles (California) e Grand Island (Nebraska), antes de cumprir oito anos. En 1974 a súa familia finalmente estableceuse en Fair Oaks, California e continuaron vivindo alí mentres Nicholas ía a secundaria. Graduouse en 1984 na Escola Secundaria Bella Vista, e posteriormente asistiu á Universidade de Notre Dame. Graduouse en Finanzas en 1988.
Nicholas coñeceu á súa esposa Catherine Cole (de Nova Hampshire) durante a primavera de 1988. Casaron en xullo de 1989 e viviron en Sacramento (California). Nicholas traballou en distintos empregos durante os seguintes tres anos, tales como vendedor, camareiro, ou empresario. En 1992, Sparks comezou a vender produtos farmacéuticos e en 1993 foi transferido a New Bern, Carolina do Norte, onde escribiu a súa primeira novela publicada The Notebook.
Actualmente segue residindo en New Bern.
Traxectoria como escritor En 1985 Sparks escribiu a súa primeira novela, The Passing nas súas vacacións estivais, cando estaba na universidade. Nunca foi publicada. En 1989 escribiu a súa segunda novela, tampouco publicada, titulada The Royal Murders. En 1994, durante un período de seis meses, Nicholas escribiu a que sería a súa primeira novela publicada, The Notebook. Foi descuberto pola axente literaria Theresa Park, quen escolleu a The Notebook entre unha chea de manuscritos, leuno, e ofreceuse a representar o seu autor. En outubro de 1995, Park conseguiu un contrato dun millón de dólares polos dereitos de publicación de The Notebook de Time Warner Book Group. A novela foi publicada en outubro de 1996, poñéndose na súa primeira na lista dos libros máis vendidos de The New York Times.
Logo do seu primeiro éxito comercial, escribiu bestsellers internacionais que foron traducidos a trinta e cinco linguas. De momento, tres das súas novelas foron levadas á gran pantalla: Message in a Bottle (1999), A Walk to Remember (2002), e The Notebook (2004).
Novelas The Notebook (1996) Message in a Bottle (1998) A Walk to Remember (1999) The Rescue (2000) A bend in the Road (2001) Nights in Rodanthe (2002) The Guardian (2003) The Wedding (2003) The Weeks with My Brother (2004) True Believer (2005) At First Sight (2005) Dear John (2006) The Choice (2007) The Last Song (2009) The Lucky One
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Nicholas Sparks.com - Sitio Web Oficial Guía de Reading Group Nicholas Sparks en Internet Book List
Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Nados en 1965 Categoría:Nados en Omaha, Nebraska Categoría:Alumnos da Universidade de Notre Dame Categoría:Estadounidenses de ascendencia inglesa