O romaní é a lingua propia do pobo xitano (rom). É unha lingua indoeuropea, orixinaria da zona noroeste da antiga India e o centro de Paquistán, enriquecida con palabras prestadas das linguas que se falaban nos países polos que os xitanos foron pasando. Calcúlase que ten máis de 1.000 anos de existencia e que se desenvolveu en diversos países de Europa e mais en Turquía. O romaní está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
O 5 de novembro celébrase o Día Internacional da Lingua Romaní. Foi proclamado en 2015 pola UNESCO co obxectivo de fomentar a preservación do idioma e a cultura romanís e mellorar o benestar do pobo romaní.
Protección en Europa A linguas romanís son linguas minorizadas polas linguas dominantes coas que conviven. Varios estados pertencentes ao Consello de Europa (organismo que agrupa a tódolos Estados de Europa agás Belarús por falta de garantías democráticas e Kosovo por ser recente a súa independencia e non estar recoñecido por todos) asinaron o tratado internacional Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias comprometéndose a protexer esta lingua.
Neste tratado cada Estado escolle as linguas a protexer e en que medida. Os que inclúen a protección ao romaní son: Alemaña, Austria, Eslovaquia, Eslovenia, Finlandia, Montenegro, Países Baixos, Romanía, Serbia e Suecia.
Polo contrario, queda sen protexer a lingua en comunidades romanís de: Albania, Bosnia e Hercegovina, Bulgaria, Croacia, Chequia, España, Estonia, Francia, Grecia, Hungría, Italia, Letonia, Lituania, Macedonia do Norte, Moldova, Noruega, Polonia, Portugal, Reino Unido, Rusia, Suíza, Turquía e Ucraína.
Exemplos Sastipe. Ola. Sar son. Que tal? Con son. Quen es? So keres. Que estás a facer? Pa chiv tuka. Grazas Ni eve tuka. Benvido! Katar aves. De onde es? Sar buchhos tuke?/So chero nav?. Como te chamas? May buchhov. Chámome... Va/ya. Si Na. Non Kai chi familia. Está a túa familia contigo? Kai zash. Onde vas? Chi pachave tut. Non te entendo Hacheres man?. Enténdesme? Hidee mansa. Ven comigo Ava kari/Hidee cutka. Ven aquí
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Wikipedia en romaní Caló Romaní dos Cárpatos
Ligazóns externas Historia do romaní Web Romaný
Categoría:Linguas indoarias Categoría:Pobo xitano Categoría:Linguas de Albania Categoría:Linguas de Alemaña Categoría:Linguas de Bosnia e Hercegovina Categoría:Linguas de Bulgaria Categoría:Linguas de Eslovaquia Categoría:Linguas de Grecia Categoría:Linguas de Hungría Categoría:Linguas da India Categoría:Linguas de Italia Categoría:Linguas de Kosovo Categoría:Linguas de Macedonia do Norte Categoría:Linguas de Moldova Categoría:Linguas de Polonia Categoría:Linguas de Portugal Categoría:Linguas de Romanía Categoría:Linguas de Rusia Categoría:Linguas de Serbia Categoría:Linguas de Turquía Categoría:Linguas de Ucraína