WAMP é o acrónimo usado para describir un sistema de infraestrutura de Internet que usa as seguintes ferramentas:

Windows, como sistema operativo; Apache, como servidor web; MySQL, como xestor de bases de datos; PHP (xeralmente), Perl, ou Python, como linguaxes de programación.

O uso dun WAMP permite servir páxinas HTML a Internet, ademais de poder xestionar datos nelas, ao mesmo tempo un WAMP, proporciona linguaxes de programación para desenvolver aplicacións web.

LAMP é o sistema análogo que funciona no o sistema operativo Linux, mentres que MAMP é o sistema análogo que funciona no o sistema operativo Mac OS X.

Véxase tamén Outros artigos LAMP MAMP XAMPP Ligazóns externas Proxecto WAMP e descarga baixo licenza libre Páxina oficial

Categoría:Conxuntos de aplicacións