Frederick Austerlitz, nado en Omaha (Nebraska) o 10 de maio de 1899 e finado nos Ánxeles (California) o 22 de xuño de 1987, foi un bailarín e actor estadounidense, máis coñecido co nome de Fred Astaire.
Traxectoria Fillo dun emigrante austríaco, comezou a empregar o nome Astaire, coa súa irmá Adele, cando actuaba nun vodevil cando tiña cinco anos. A partir de 1917 el e a súa irmá apareceron en shows de Broadway, facéndose populares ata que en 1932 a súa irmá casa con Charles Cavendish, fillo do duque de Devonshire. Fred marcha a Hollywood, en 1933 actúa na película Flying Down to Rio (Voando a Río), con Ginger Rogers que tivo un grande éxito e fixo que actuasen xuntos noutras nove películas, converténdose nunha das parellas máis famosas do cine. Formou tamén parella cinematográfica con Eleanor Powell, Rita Hayworth, Judy Garland, Cyd Charisse e Audrey Hepburn. Retirouse en 1971, aínda que seguiu aparecendo esporadicamente en películas e series de televisión.
Filmografía Dancing Lady (1933) Flying Down to Rio (1933) The Gay Divorcee (1934) Roberta (1935) Top Hat (1935) Follow the Fleet (1936) Swing Time (1936) Shall We Dance (1937) A Damsel in Distress (1937) Carefree (1938) The Story of Vernon and Irene Castle (1939) Broadway Melody of 1940 (1940) Second Chorus (1940) You'll Never Get Rich (1941) Holiday Inn (1942) You Were Never Lovelier (1942) The Sky's the Limit (1943) Yolanda and the Thief (1945) Ziegfeld Follies (1946) Blue Skies (1946) Easter Parade (1948) The Barkleys of Broadway (1949) Three Little Words (1950) Let's Dance (1950) Royal Wedding (1951) The Belle of New York (1952) The Band Wagon (1953) Daddy Long Legs (1955) Funny Face (1957) Silk Stockings (1957) On the Beach (1959) The Pleasure of His Company (1961) The Notorious Landlady (1962) Paris - When it Sizzles (1964) Finian's Rainbow (1968) Midas Run (1969) Imagine (1973; documental) That's Entertainment! (1974) The Towering Inferno (1974) That's Entertainment, Part II (1976) The Amazing Dobermans (1976) The Purple Taxi (1977) Ghost Story (1981) George Stevens: A Filmmaker's Journey (1985; documental)
Notas
Véxase tamén
Categoría:Actores de Nebraska Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Bailaríns Categoría:Paseo da Fama de Hollywood Categoría:Nados en 1899 Categoría:Finados en 1987 Categoría:Nados en Omaha, Nebraska Categoría:Cantantes de Nebraska Categoría:Estadounidenses de ascendencia alemá Categoría:Óscar honorífico