O Campionato do Mundo de hóckey a patíns é unha competición internacional de hóckey a patíns na que se enfrontan clubs de diferentes continentes nunha sede fixada.

Iniciouse o ano 2006 en Luanda, Angola, e recupera o formato das 2 primeiras edicións da Copa Intercontinental, unha liguiña entre 12 equipos de África, América e Europa. A segunda edición desta competición disputouse no 2008 na cidade de Reus, con vitoria para o cadro local.

Formato O Campionato do Mundo de Clubs 2006 foi disputado por doce clubs. Os clubs participantes son nomeados polo comité executivo do CIRH:

O campión de España. O campión da Arxentina. O campión de Portugal. O campión de Italia. O campión de Europa. O campión de Suramérica. O campión de África. O campión de Asia, Oceanía e Norteamérica. O gañador da Copa CERS. Selección por ránking dun equipo suramericano. Selección por ránking dun equipo europeo. O equipo organizador.

O número de clubs nomeados pasa a seis en 2008. A selección final dos participantes decidiuse nunha asemblea xeral do CIRH.

Os doce pretendentes ao título son repartidos en catro grupos de catro equipos, a selección dos grupos faise tendo en conta aspectos deportivos e económicos. Logo desta primeira fase, unha fase de eliminación directa designa ao campión do mundo de clubs.

Historial EdiciónTempadaSéCampinSubcampon I 2006 Luanda (Angola) Bassano Hockey 54 | Reus Deportiu

| II |2008 | Reus (Cataluña) | Reus Deportiu FC BarcelonaIII2010 Santos (Brasil)

Palmarés EquipoCampionatosgañados Bassano Hockey 541 (2006) Reus Deportiu1 (2008)Total2

Véxase tamén

Outros artigos Copa Intercontinental de hóckey a patíns

Ligazóns externas Páxina web oficial do Campionato do Mundo de Clubs 2008

Campionato do mundo de clubs