Jordi Solé Tura, nado en Mollet del Vallès o 23 de maio de 1930Hemeroteca, La Vanguardia, 30 de abril de 1983 . e finado en Barcelona o 4 de decembro de 2009,Radio 5, Radio Nacional de España, 4 de decembro de 2009 . foi un político e xurista catalán, un dos sete Pais da Constitución Española de 1978.Hemeroteca, La Vanguardia, 10 de agosto de 1977 .

Traxectoria Foi elixido deputado por Barcelona en xuño de 1977 e marzo de 1979. Foi un dos dous cataláns dun total de sete relatores da Constitución Española de 1978. En 1985 foi elixido Decano da Facultade de Dereito da Universidade de Barcelona. Foi de novo elixido deputado por Barcelona en 1989, 1993 e 1996.

Foi Ministro de Cultura nos gobernos de Felipe González. Durante o seu mandato como ministro, executáronse as obras de remodelación da Biblioteca Nacional de España e comezáronse as do Teatro Real de Madrid, que non finalizaron durante o seu mandato. Inaugurouse en 1992 o Museo Thyssen-Bornemisza.

Faleceu o 4 de decembro do 2009, dous días antes do 31º aniversario da Constitución.

Obra publicada Columnista en diversos diarios, especialmente El País, El Periódico de Catalunya e La Vanguardia. Publicou as seguintes obras:

1970: Catalanismo y revolución burguesa 1974: Ideari de Valentí Almirall 1974: Política internacional y conflictos de clase 1977: Diccionario del comunismo 1996: Història social de la filosofia, 3 volumes. Tradución da obra A History of Western Philoshophy de Bertrand Russell 1999: Una història optimista. Autobiografía.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Congreso dos Deputados, ficha.

Categoría:Políticos de Cataluña Categoría:Ministros de España Categoría:Nados en 1930 Categoría:Finados en 2009 Categoría:Nados en Mollet del Vallès Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade de Cádiz Categoría:Premio Creu de Sant Jordi Categoría:Medalla de Ouro da Generalitat de Catalunya Categoría:Condecorados co colar da Orde do Mérito Civil Categoría:Senadores por designación do Parlamento de Cataluña Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (Lexislatura constituínte) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (I Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (IV Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (V Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (VI Lexislatura) Categoría:Finados por alzhéimer