A CG-2.1 ou Corredor Monforte de Lemos-Lalín (na provincia de Lugo), é un corredor galego de altas prestacións da Xunta de Galicia que une as localidades de Monforte de Lemos e Alto do Faro; atravesa os concellos de Monforte de Lemos, Pantón, O Saviñao e Chantada. Ten unha lonxitude de 30,14 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa N-120 en Monforte de Lemos e finaliza nun cruzamento coa PO-533 en Alto do Faro co límite provincial de Lugo e Pontevedra.

Percorrido

Inicia na ligazón de forma tormenta da estrada nacional N-120, polo suroeste de Monforte de Lemos, no lugar do Boieiro (concello de Monforte de Lemos), seguindo á ligazón da estrada nacional N-120a, no lugar da Estrada (concello de Pantón) coa dirección, ao oeste cara ao lugar de Ferreira de Pantón e ao leste cara a Monforte de Lemos. Seguindo á ligazón da vía para automóbiles VG-2.1 con dirección ao corredor de Lugo-Monforte de Lemos, CG-2.2 e a estrada LU-617 no lugar da Folgueira (concello de Monforte de Lemos), seguindo á ligazón da estrada LU-P-4106, coa dirección, ao sur cara ao lugar de Goián e ao norte cara ao lugar do Castro de Moreda no lugar da Lama do Franco (mesmo concello), seguindo á ligazón da estrada LU-615 con dirección norte cara a Escairón no lugar de Licín (concello do Saviñao) e seguindo á ligazón da estrada LU-616 con dirección nordeste cara a Escairón no lugar de Montes (mesmo concello). Chegando ao momento final da metade do corredor coa conexión á estrada LU-533 con dirección a Chantada.

No percorrido da estrada LU-533 non conta como corredor, a outra metade do corredor inicia na rotonda coa ligazón de forma tormenta, no norte de Chantada, seguindo á ligazón da estrada LU-213 coa dirección, ao leste cara a Chantada e ao oeste cara ao lugar de Sobreira de Arriba (mesmo concello), no lugar de San Xurxo (mesmo concello), seguindo á ligazón da estrada LU-P-6001 coa dirección, ao sur cara ao lugar de Mundín e ao norte cara ao lugar de Adá, no lugar de Mundín (mesmo concello) e remata coa conexión á estrada PO-533 co límite provincial de Lugo e Pontevedra en Alto do Faro, con dirección a Rodeiro e Lalín (o mesmo da estrada PO-533 que non conta como corredor).

Historia

A principios da década dos anos 90 iniciouse as obras da mellora, acondicionamento e firme do treito entre Lalín e Escairón da antiga estrada comarcal C-533, as primeiras obras do tramo entre Chantada e Alto do Faro iniciaron en novembro de 1992. Este sería o primeiro corredor máis antigo de Galicia coa primeira inauguración de decembro de 1993, no treito entre Alto do Faro e Chantada. Antes desta primeira inauguración, acabaron as obras do acondicionamento da antiga C-533, nos treitos:

Treito Maceira-Alto do Faro (PO-533): xuño de 1992 con distancia de 18 quilómetros. Treito Chantada (leste)-Santo Estevo de Ribas de Miño (LU-533): xullo de 1991 con distancia de 4,7 quilómetros incluíndo a nova ponte sobre o río Miño. Treito Santo Estevo de Ribas de Miño-Escairón (LU-533): xaneiro de 1993 con distancia de 7,7 quilómetros.

En febreiro de 1995 iniciaron as obras da variante de Escairón e puxeron en servizo en marzo de 1997 e uns sete meses despois prolongaron o treito ata Bacelares e finalmente en maio de 1999 chegado a Monforte de Lemos polo norte, un treito de 3,6 quilómetros é da CG-2.1 e outro de 2,1 quilómetros é da VG-2.1. O último treito polo oeste de Monforte de Lemos coa conexión da estrada nacional N-120 foi inaugurado en febreiro de 2005.

Treitos

Denominación Treito Kms Ano servizo Monforte de Lemos (suroeste) - A Folgueira 5 2005 A Folgueira - Bacelares 3,6 1999 Bacelares - Escairón (sur) 4 1997 Variante de Escairón Tramo: Escairón (sur) - Escairón (suroeste)   2   1997 Escairón (suroeste) - Santo Estevo de Ribas de Miño Acondicionamento do tramo e reconversión ao corredor   7,7   1993 Santo Estevo de Ribas de Miño - Chantada (leste) Acondicionamento do tramo e nova ponte sobre o río Miño   4,7   1991 Chantada (norte) - Alto do Faro 13,6 1993 Alto do Faro - Maceira Acondicionamento do tramo e reconversión ao corredor   18   1992

Notas

Categoría:Corredores e vías galegas Categoría:Estradas da provincia de Lugo Categoría:Monforte de Lemos Categoría:Pantón Categoría:O Saviñao Categoría:Chantada Categoría:Estradas de Galicia sen imaxes