Jude é un filme de 1996 inglés, baseado na novela Jude the Obscure de Thomas Hardy e dirixido por Michael Winterbottom.
Sinopse Ambientado na época vitoriana, Jude Fawley (Eccleston) é un home novo que quere estudar na universidade, mais as necesidades lévano a que traballe de canteiro e sendo abandonado pola muller coa que casara, Arabella (Griffiths).
Meses despois retomará o seu soño universitario e diríxese á cidade onde se encontrará coa súa curmá Sue Bridehead (Winslet), da que namorará.
Elenco principal Actor Personaxe Christopher Eccleston Jude Fawley Kate Winslet Sue Bridehead Liam Cunningham Phillotson Rachel Griffiths Arabella June Whitfield Tía Drusilla Berwick Kaler Granxeiro Troutham David Tennant Home bébedo James Nesbitt Tío Joe
Categoría:Filmes de 1996 Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Gramercy Pictures Categoría:Filmes rodados en Edimburgo Categoría:Filmes independentes do Reino Unido