Espariz é un lugar da parroquia de Doncos, no concello das Nogais, na comarca dos Ancares. Segundo o IGE a súa poboación no ano 2008 era de 22 persoas (10 homes e 12 mulleres) o que supón unha diminución respecto do ano 1999 cando tiña 25 habitantes.

Está situado na beira oeste do río Navia, a 650 m de altitude, entre a estrada N-VI e a autovía A-6. No lugar hai unha capela consagrada a san Paio.

Lugares e parroquias Lugares de Doncos

Parroquias das Nogais

Categoría:Lugares das Nogais