Próspero é unha lúa irregular de movemento retrógrado do planeta Urano, descuberta o 18 se xullo de 1999 polo astrofísico Matthew Holman e o seu equipo, e recibiu a designación temporal de S/1999 U 3. Confirmada coma Urano XVIII, recibiría máis tarde o nome do bruxo Próspero, personaxe da obra de William Shakespeare, A Tempestade.

Os parámetros orbitais suxiren que podería formar, xunto con Sicorax e Setebos un grupo dinámico, cunha orixe en común.Grav, Tommy; Holman, Matthew J.; Gladman, Brett J.; Aksnes, Kaare Photometric survey of the irregular satellites,Icarus, 166,(2003), pp. 33-45. Preprint Pero esta posibilidade non parece estar apoiada nas cores observadas, xa que a lúa amosa unha cor neutral (gris) no espectro visible (índice de cores B-V=0,80, R-V=0,39)Tommy Grav, Matthew J. Holman, and Wesley C. Fraser Photometry of Irregular Satellites of Uranus and Neptune,The Astrophysical Journal, 613, (2004), pp. L77–L80. Preprint , semellante a Setebos pero diferente a Sicorax (a cal é de cor vermella).

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Prospero Profileby NASA's Solar System Exploration David Jewiit pages Uranus' Known Satellites (by Scott S. Sheppard) Ephemeris IAU-NSES

Categoría:Lúas de Urano