Paulina Susana Rubio Dosamantes, coñecida artisticamente como Paulina Rubio, nada na Cidade de México o 17 de xuño de 1971, é unha cantante e actriz mexicana que vendeu máis de 20 millóns de discos en toda a súa carreira discográfica. O 30 de abril de 2007, contraeu nupcias co empresario español, Nicolás Vallejo-Nájera "Colate", do que se divorciou en 2012 e co que ten un fillo.
Traxectoria Naceu na na Cidade de México, sendo filla da actriz mexicana Susana Dosamantes e do avogado español Enrique Rubio González. Pasou algúns dos veráns da súa infancia na parroquia galega de Trasanquelos, en Cesuras, na casa familiar do seu padrasto Carlos Vasallo, co que súa nai casou en 1979.
Deuse a coñecer no seu país natal co grupo musical 'Timbiriche' en 1981 e sepárase do grupo en 1991 logo de gravar preto de 10 álbums de estudio con eles. En 1992 lanza La chica dorada, sendo o seu debut discográfico en solitario coa compañía EMI Music . Tempo despois lanzaría os seus seguintes álbums: 24 kilates, El tiempo es oro, considerado o mellor traballo da cantante con esta compañía discográfica, aínda que non o máis recoñecido, e Planeta Paulina, último en gravar con EMI Music. Máis tarde Paulina Rubio converteuse nunha das artistas mexicanas con máis proxección de México, pero sen lugar a dúbida o seu mellor momento musical chegaría tempo despois.
No ano 2000, asinou contrato con Universal Music Group, compañía que a levaría a ser coñecida internacionalmente, nese mesmo ano lanza o seu disco Paulina. O disco colocouse como o máis vendido do ano 2001, entregaronlle 2 discos de diamante por máis de 2.000.000 millóns de unidades en mondo. En España consagrouse como a primeira artista mexicana en conquistar o público español grazas ao tema "Vive el verano". O álbum Paulina editouse en países como Italia o España debido aos sinxelos como "Lo haré por ti", "Y yo sigo aquí", "Yo no soy esa mujer" e "El último adiós". Para ese tempo os medios chamárona o "Huracán Mexicano" debido ó éxito na súa carreira.
En 2002, Universal Music e Paulina Rubio deciden que é tempo de dar un paso internacional co disco Border Girl, disco que conseguiu Disco de Ouro nos Estados Unidos, o Canadá, Italia e o Xapón, o seu primeiro sinxelo "Don't Say Goodbye" filtrouse rapidamente en varios países de Latinoamérica, o vídeo e canción gustaron ó público nipón e foi entón cando paulina fixo unha xira no Xapón. En 2004 pública o seu terceiro álbum internacional Pau-latina con singles como "Te Quise Tanto" e "Dame Otro Tequila" que ocuparón os primeiros lugares dos charts de América Latina e Estados Unidos."Paulina Rubio é a mexicana máis internacional"
Seguíronlle Ananda en 2006 e Gran City Pop en 2009. Paulina logrou vender máis de 20 millóns de discos e 1 millón de descargas dixitais ao longo da súa carreira.Paulina RubioEl País: "Son unha empresa que escribe e canta cancións"
A finais de 2011 sae o seu décimo disco, Brava!. Antes de publicalo xa anticipou un single titulado "Me Gustas Tanto".
Discografía 1992: La chica dorada 1993: 24 kilates 1995: El tiempo es oro 1996: Planeta Paulina 2000: Paulina 2002: Border Girl 2004: Pau-latina 2006: Ananda 2009: Gran City Pop 2011: Brava!
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Web oficial
Categoría:Cantantes de México Categoría:Actores de cinema de México Categoría:Nados na Cidade de México Categoría:Nados en 1971 Categoría:Actores de teatro de México Categoría:Actores de televisión de México