O Club Patí Voltregà é un club deportivo de Sant Hipòlit de Voltregà, en Osona (Barcelona), fundado en 1955 adicadase ao hóckey a patíns e actualmente participa na OK Liga, a máxima categoría do hóckey a patíns de España.

Historia O club foi fundado no ano 1955 por Victorià Oliveras de la Riva, que anos despois foi presidenta do RCD Espanyol. Ao cabo de pouco tempo dende a súa fundación, o CP Voltregà acadou o ascenso á máxima categoría do hóckey patíns español. Dende aquela, o Voltregà mantivo a categoría ata o final da tempada 2008-09, na que por primeira vez descende á segunda categoría.

Os primeiros anos do equipo masculino foron brillantes, acadando as tres Copas de Europa que posúe (1965-66, 1974-75 e 1975-76). Máis recientemente, na tempada 2001-02, o primeiro equipo acadou o título da Copa CERS.

No 2006 foille concedida a Creu de Sant Jordi pola Generalitat de Cataluña.

Equipo feminino Compre destacar ao seu equipo feminino, que na tempada 2005-06 acadou os tres títulos aos que aspiraba (Campionato de Cataluña, Campionato de España e Copa da Raíña). O CP Voltregà converteuse no primeiro equipo en organizar a I Copa de Europa feminina (maio de 2007). Ese ano acada o título que lle faltaba no seu palmarés, a Copa de Europa, disputada en Mealhada en maio de 2007).

Palmarés Categoría masculina 3 Ligas españolas (1964-65, 1974-75 e 1975-76) 5 Copas do Rei (1960, 1965, 1969, 1974 e 1977) 3 Copas de Europa (1965-66, 1974-75 e 1975-76) 1 Lliga Catalana (1990-91) 1 Copa CERS (2001-02)

Categoría feminina 6 Copas de Europa (2008, 2011, 2013, 2016, 2017 e 2019) 5 Campionatos de España (2003, 2005, 2006, 2007, 2008) 5 OK Liga (2011, 2012, 2013, 2014 e 2016) 6 Copas da Raíña (2006, 2007, 2008, 2011, 2014 e 2017) 7 Lligas Catalanas (2002-03, 2003-04, 2004-05, 2005-06, 2006-07, 2007-08, 2008-09) 1 Copa Catalana

Véxase tamén

Ligazóns externas Site oficial

Notas

Voltregà Voltregà Voltregà Categoría:Premio Creu de Sant Jordi