Elx Alta Velocidade (en valenciano: Elx Alta Velocitat, en castelán: Elche Alta Velocidad) é unha estación de ferrocarril situada no concello de Elx, na provincia de Alacant. Atópase na partida rural de Matola, a 6 km da cidade de Elx e a 4 km da veciña localidade de Crevillent.
Entrou en servizo o 1 de febreiro de 2021 e ofrece servizos de alta velocidade.
Situación ferroviaria A estación atópase no punto quilométrico 482,2 do ramal de Murcia da Liña de alta velocidade Madrid-Levante e no Corredor Mediterráneo de alta velocidade, liñas ferroviarias que actualmente se atopan en servizo ata Orihuela.
Servizos ferroviarios Dende o 1 de febreiro de 2021 efectúan parada trens AVE do servizo entre as estacións de Madrid-Puerta de Atocha e Orihuela-Miguel Hernández, con paradas dirección Madrid en Albacete-Los Llanos e Cuenca-Fernando Zóbel, cun tempo de viaxe aproximado de 2:10 horas con Madrid e no futuro de 20-25 minutos con Murcia.
Notas
Véxase tamén Alta velocidade ferroviaria en España Estación de Elx-Parc Estación de Elx-Carrús
Elx Alta Velocidade Elx Alta Velocidade