A Asociación Internacional de Estudos Galegos/International Association of Galician Studies (AIEG) é unha organización internacional sen ánimo de lucro que busca consolidar e visibilizar os estudos galegos en todas as disciplinas académicas en universidades e centros de investigación arredor do mundo.
Orixe e historia Esta asociación foi fundada por Kathleen March na década dos 80 na costa leste dos Estados Unidos de América. Desde o inicio, a súa intención foi a extensión e ampliación do coñecemento sobre a cultura galega a través da organización de congresos trianuais. As áreas de estudo comprendían maioritariamente a literatura, a historia, a cultura e a lingua galega. A partir do ano 1991 comezaron a interesarse especialmente pola lingua. Coa entrada do século XXI, enfocan a investigación en estudos menos convencionais como o dereito, a economía ou a tradución. Segundo se reflicte nos estatutos da asociación, a AIEG define os seus obxectivos como de utilidade xeral. Isto é:
a) Promover os estudos galegos a nivel internacional.
b) Propiciar o intercambio entre as/os estudosas/os das diversas disciplinas que se ocupan da realidade galega.
c) Fomentar a presenza da cultura galega no mundo, especialmente no ámbito académico.
Para o cumprimento destes obxectivos promóvese desde a asociación a organización de congresos internacionais e as conseguintes publicacións derivadas destes, quer impresas, quer electrónicas. As orixes da asociación estiveron relacionadas co traballo e coa dedicación na súa primeira década de existencia por parte de membros afíns chamados galicianistas, moitos deles procedentes dos Estados Unidos. A súa vitalidade viuse reforzada a partir dos anos 90 coa creación e expansión dos Centros de Estudos Galegos mais os correspondentes lectorados galegos creados arredor do mundo, co patrocinio e financiamento da Xunta de Galicia, entre outros.
Os dous primeiros congresos tiveron lugar nos Estados Unidos, aínda coa denominación de Congresos de Estudios Galegos. A continuación, abandonaron as terras anglófonas e pasaron a se localizar noutros lugares do mundo, xa coa actual nomenclatura de Estudos Galegos Internacionais: miniatura|Craig Patterson, presidente entre 2009 e 2012. I Congreso 1985. University of Maine, Orono (EEUU); presidenta (1982-1985): Kathleen March. II Congreso 1988. Brown University (EEUU); presidente (1985-1988): Antonio Carreño. III Congreso 1991. City University of New York, CUNY (EEUU); presidente (1988-1991): Xoán González-Millán. IV Congreso 1994. University of Oxford (Reino Unido); presidente: presidente (1991-1994): John Rutherford. V Congreso 1997. Universität Trier (Alemaña); presidente (1994-1997): Dieter Kremer. VI Congreso 2000. Universidad de La Habana (Cuba); presidente (1997-2000): Dieter Kremer. VII Congreso 2003. Universidade de Barcelona (Cataluña); presidente (2000-2001): Kathleen March; (2001-2003): Basilio Losada. VIII Congreso 2006. Universidade Federal da Bahia (Brasil); presidente (2003-2006): Basilio Losada. IX Congreso 2009. Universidade da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo (Galicia); presidente (2006-2009): Burghard Baltrusch. X Congreso 2012. Universidade de Cardiff (Gales, Reino Unido); presidente (2009-2012): Craig Patterson. XI Congreso 2015 Universidad de Buenos Aires (Arxentina); presidenta (2012-2015): Débora Campos. XII Congreso 2018 Universidad Complutense de Madrid (España); presidenta (2015-2018): Carmen Mejía Ruiz. XIII Congreso 2022 Universidade de Varsovia (Polonia); presidenta (2021-2022): Ana Garrido González XIV Congreso 2024 Universidade do Minho (Braga/Guimarães); presidente (2022-2024) Carlos Pazos-Justo
Así mesmo, estabelece o seu domicilio social no Consello da Cultura Galega, no Pazo de Raxoi, en Santiago de Compostela; e o seu ámbito territorial, no que vai realizar principalmente as súas actividades, comprende todo o territorio do estado, así como o eido académico internacional.
Organigrama A AIEG está constituída polos seguintes órganos de goberno: a xunta directiva e a asemblea xeral. Así mesmo, esta é xestionada a través dunha xunta directiva composta por un presidente ou presidenta, un vicepresidente ou vicepresidenta, un secretario ou secretaria, un tesoureiro ou tesoureira, un secretario ou secretaria de relacións institucionais e catro vogais. Estes cargos teñen unha duración de tres anos. Ao fin dos tres anos, os cargos serán revocados pola asemblea e reasignados a outros membros. En consecuencia, cada órgano directivo correspóndese cun congreso, feito insólito por non teren continuidade alén dun congreso por directiva.
A xunta directiva ocúpase de Dirixir as actividades sociais e levar a xestión económica e administrativa da asociación. Executar os acordos da asemblea xeral. Formular e someter a aprobación da asemblea xeral os balances e contas anuais. Admitir novos socios. Nomear delegación para algunhas actividades determinadas da asociación.
A asemblea xeral ocúpase de Aprobar a xestión da xunta directiva. Examinar e aprobar as contas anuais. Elixir os membros da xunta directiva. Fixar as cotas ordinarias ou extraordinarias. Disolución da asociación. Modificación dos estatutos. Disposición ou alleamento dos bens. Calquera outra que non sexa competencia atribuída a outro órgano social.
Galicianistas Todos os socios pertencentes á AIEG son chamados galicianistas. Segundo os estatutos, pode formar parte da asociación calquera persoa natural ou xurídica con capacidade de obrar e en pleno exercicio dos seus dereitos civís, e que acepte os obxectivos fundamentais da asociación. Segundo se contempla nos estatutos, existen dous tipos de membros: de pleno dereito e de honra. Estes últimos carecen de dereito de voto na asemblea (non sendo que asemade posúan a condición de membros de pleno dereito).
Da lista de galicianistas exposta pola AIEG no ano 2015, a maioría dos membros son mulleres (92 dun total de 146), mentres que 52 membros son homes, máis dúas institucións. Cómpre destacar que a maior parte dos membros pertencen a universidades de fóra da xeografía galega (95) e tan só 49 persoas traballan en universidades galegas.
Listaxe de centros no mundo Malia non seren dependentes nin estaren diretamente vinculados coa asociación, existen diversos centros de estudos galegos no mundo que realizan traballos en colaboración coa AIEG. Moitos galicianistas forman parte destes centros, sendo pois unha extensión indirecta dos estudos promovidos pola propia asociación. A seguinte clasificación está tirada literalmente da páxina oficialActualmente en desuso, copia en: http://estudosgalegos.wixsite.com/congreso_bosaires/organizacion. da asociación. América Cátedra Libre de Estudios Gallegos "Alfonso R. Castelao" Cátedra de galego de São Paulo Núcleo de Estudos Galegos da Univ. Federal Fluminense Centro de Estudos Galegos do Río de Xaneiro Centro de Estudos Galegos de Salvador Centro de Estudos Galegos de Santiago de Chile Cátedra de Galego da CUNY Europa Lektorat für Galicisch an der Freien Univesität Berlin Centro de Estudos Galegos de Kiel Galicien Zentrum der Universität Heidelberg Institut für Angewandte Linguistik und Translatologie Centro de Estudos Galegos de Tubinga Centro de Estudos Galegos u Zadru Galego-Keskus Centre d’Etudes Galiciennes de Paris Galego Központ Centro de Estudos Galegos de Padua Centro de Estudos Galego de Perugia Centro de Estudos Galegos de Roma Irish Centre for Galician Studies Centro de Est. Gal. da Univ. Iaguelónica de Cracovia Centre for Galician Studies in Wales Seminario de Estudos Galegos Oxford Centre for Galician Studies Centro de Estudos Galegos San Petersburgo Centro de Estudos Galegos da Uniwersytet Warszawski España e Portugal Centro de Estudos Galegos de Alacant Centro de Estudos Galegos da Autónoma Centro de Estudos Galegos de Barcelona Centro de Estudos Galegos da Univ. de Deusto Centro de Estudos Galegos Centro de Estudos Galegos de Granada Centro de Estudos Galegos de Madrid Centro de Estudos Galegos de Salamanca Centro de Estudos Galegos de Vitoria-Gasteiz Centro de Estudos Galegos de Faro Centro de Estudos Galegos de Lisboa Centro de Estudos Galegos da Univ. do Minho Galicia Consello da Cultura Galega Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento Real Academia Galega Universidade de Santiago de Compostela Universidade da Coruña Universidade de Vigo
Congresos Os congresos da AIEG son convocatorias trianuais, con sede rotatoria, que se realizan sen interrupción desde 1985. A primeira tivo lugar na Universidade de Maine-Orono, e a segunda na Universidade Brown en 1988. Tras a terceira edición en 1991, que tivo como sede a Universidade da Cidade de Nova York, o congreso trasladouse en 1994 por primeira vez a Europa, á Universidade de Oxford. A partir dese ano, os congresos da AEIG comezaron a alternar sedes suramericanas e europeas até a actualidade: Trier (1997), A Habana (2000), Barcelona (2003), Salvador da Bahia (2006), Galicia (2009), Cardiff (2012) e, na anterior cita (2015), Bos Aires. No 2018, o Congreso regresa a España, esta vez á Universidade Complutense de Madrid, e o congreso do 2021 celebrarase na Universidade de Varsovia, en Polonia.
As orixes da asociación están relacionadas co traballo e coa dedicación de galicianistas de Norteamérica na súa primeira década de existencia. A súa vitalidade viuse reforzada, de maneira considerábel, a partir dos anos 90 coa creación e expansión dos Centros de Estudos Galegos mais os correspondentes lectorados galegos arredor do mundo. As áreas de traballo das estudosas e estudosos comezaron sendo a literatura, a historia, a cultura e a lingua galegas. Nas últimas edicións foise reforzando a inclusión de estudos doutras áreas para que os congresos da AIEG continúen sendo os eventos máis importantes para toda a comunidade académica internacional que se dedique, sexa cal for a disciplina, a estudos relacionados con Galicia.
Congreso Sede Presidencia I Congreso 1985 Universidade de Maine, Orono (Estados Unidos de América) Kathleen March (1982-1985) II Congreso 1988 Universidade Brown (Estados Unidos de América) Antonio Carreño (1985-1988) III Congreso 1991 Universidade da cidade de Nova York, CUNY (Estados Unidos de América) Xoán González-Millán (1988-1991) IV Congreso 1994 Universidade de Oxford (Reino Unido) John Rutherford (1991-1994) V Congreso 1997 Universidade Trier (Alemaña) Dieter Kremer (1994-1997) VI Congreso 2000 Universidade da Habana (Cuba) Dieter Kremer (1997-2000) VII Congreso 2003 Universidade de Barcelona (Cataluña) Kathleen March (2000-2001) / Basilio Losada Castro (2001-2003) VIII Congreso 2006 Universidade Federal da Bahia (Brasil) Basilio Losada Castro (2003-2006) IX Congreso 2009 Universidade da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo (Galicia) Burghard Baltrusch (2006-2009) X Congreso 2012 Universidade de Cardiff (Gales) Craig Patterson (2009-2012)XI Congreso 2015Universidade de Bos Aires (Arxentina)Débora Campos (2012-2015)XII Congreso 2018Universidade Complutense de Madrid (Madrid)Carmen Mejía Ruiz (2015-2020)XIII Congreso 2022Universidade de Varsovia (Polonia)Ana Garrido González (2021-2022)XIV Congreso 2024Universidade do Minho (Braga/Guimarães)Carlos Pazos-Justo (2022-2024)
Como resultado dos congresos, a asociación editou, en colaboración cos patrocinadores principais, unha serie de publicacións que recollen as actas dos congresos. A seguir, un resumo das devanditas actas:
O I Congreso tivo lugar na Universidade de Maine-Orono en 1985. Encabezado pola fundadora da AIEG Kathleen March, os estudos expostos estiveron relacionados maioritariamente coa literatura, a historia, a cultura e a lingua galega. Para deixar constancia do evento, a presidenta naquela altura decidiu que a Universidade de Maine-Orono editase un libro que recollese o fundamental do congreso: First Galician Studies Conference.