dereita|miniatura|SDC Órdenes 2022-23.
A Sociedad Deportiva Club Órdenes, coñecido como Club Ordes, é un club de fútbol galego de Ordes, na provincia da Coruña. Foi fundado en 1953 e actualmente xoga no Grupo Norte da Preferente Galicia.
Historia A Sociedad Deportiva Club Órdenes fundase en 1953, con Antonio Concheiro Iglesias como presidente. O equipo empezou en categorías rexionais e conseguiu o primeiro ascenso a Terceira División na tempada 1955-56. Na tempada 1958-59, acabou 5º e estivo moi preto dos postos de ascenso a Segunda División. O club permaneceu nesta categoría ata a tempada 1960-61, na que descende tras acabar 15º.
Tras o descenso, o club xogou en categorías rexionais e conseguiu ascender a Terceira na tempada 1966-67, descendendo novamente na tempada seguinte. Na tempada 1969-70 o club queda instalado na recentemente creada Rexional Preferente. Na tempada 1988-89 ascendeu novamente e permaneceu en Terceira seis tempadas consecutivas.
No ano 1998 o club descende a Primeira Autonómica pero Manuel Antonio Fernández Liñares proponse recuperar o equipo e no ano 2000 o club volta a Rexional Preferente. Ata a tempada 2005-06 o club permanece nesta categoría, cando logra o ascenso tras ser campión de grupo.
Desde entón o club xoga en Terceira e na tempada 2006-07 o club rozou novamente a zona de promoción de ascenso quedando 5º.
Uniforme Titular: Camiseta verde, pantalón azul e medias verdes.
Estadio O Club Ordes xoga no Campo Municipal de Vista Alegre, con capacidade para unhas 3.000 persoas.
Datos do club Tempadas en 1ª: 0 Tempadas en 2ª: 0 Tempadas en 2ªB: 0 Tempadas en 3ª: 20 (Incluída a 2013/14) Tempadas en categorías rexionais: 41 Mellor posto na liga: 5º (tempadas: 1958-59 e 2006-07) Peor posto na liga: 20º (tempada 1994-95)
Historial na liga TempadaCategoríaPostode 53-54Rexional—a 55-56Rexional— 10px1956/573ª13º1957/583ª10º1958/593ª5º1959/603ª12º1960/613ª15º 10px de 61-62Rexional—a 66-67Rexional— 10px1967/683ª15º 10px TempadaCategoríaPostode 68-69Rexional—a 88-89Rexional— 10px1989/903ª10º1990/913ª13º1991/923ª8º1992/933ª7º1993/943ª14º1994/953ª 10pxde 95-96Rexional—a 05-06Rexional— 10pxTempadaCategoríaPosto2006/073ª5º2007/083ª10º2008/093ª13º2009/103ª7º2010/113ª7º2011/123ª12º2012/133ª7º2013/143ª8º2014/153ª13º2015/163ª15ºTempadaCategoríaPosto2016/173ª 10px2017/18Preferente13º2018/19Preferente 10px2019/201ª Galicia3º2021/21non competiu2021/221ª Galicia 10px2022/23Preferente 10px2023/241ª Galicia 10px2024/25Preferente—
Palmarés Copa Deputación da Coruña (1): 2008
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web
Ordes Categoría:Deporte en Ordes