Cavan (en inglés)) ou An Cabhán (en irlandés) é a principal vila e o centro administrativo do condado homónimo, na provincia do Ulster (Irlanda). A vila está situada na parte norte das midlands, cerca da fronteira con Irlanda do Norte.

Historia A familia O’Reilly (o nome é hoxe en día moi común na rexión) construíu en Cavan un castelo a finais do século XIII. Un mosteiro franciscano foi construído tamén na zona contra esa época. No século XV, o señor Owen O'Reilly fixo construír un mercado que atraeu mercadores de Dublín e de Drogheda. En 1610, o rei de Inglaterra Xacobe I dona unha carta á vila.

Categoría:Localidades do condado de Cavan