Este é un artigo sobre un territorio de Palestina, se procura outro artigo de igual nome vexa Gaza.
A Franxa de Gaza (en , Qita' Ghazzah; en , Retzu'at 'Azza) é un estreito anaco de terra que se atopa na costa oriental do mar Mediterráneo, limitado por Israel polo leste e norte, e por Exipto polo suroeste. Cunha poboación de 2 millóns de persoas concentradas en 365 km², Gaza ten unha densidade de poboación comparablemente alta.Thomas E. Copeland, Drawing a Line in the Sea: The Gaza Flotilla Incident and the Israeli-Palestinian Conflict, Lexington Books, 2011 p.25Doug Suisman, Steven Simon, Glenn Robinson, C. Ross Anthony, Michael Schoenbaum (eds.) The Arc: A Formal Structure for a Palestinian State, Rand Corporation, 2007 p.79 É un dos dous territorios palestinos, xunto con Cisxordania.James Kraska, 'Rule Selection in the Case of Israel's Blockade of Gaza:Law of Naval Warfare or Law of Sea?,' in M.N. Schmitt, Louise Arimatsu, Tim McCormack (eds.,) Yearbook of International Humanitarian Law, Springer Science & Business Media, 2011 pp.367–395, p.387:'There are no Israeli troops in Gaza, which everybody regards as a self-governing enclave cut from the Middle East.' Dende 2007, Gaza é gobernada de facto como un estado de partido único polo grupo político e militar islamita sunnita Hamas.
A Franxa de Gaza xurdiu nun principio como territorio ocupado por Exipto logo da guerra árabe-israelí de 1948. Despois da guerra dos Seis Días de 1967, o territorio pasou baixo o control militar israelí até o plan de retirada de 2005. Na década de 1990, como parte dos Acordos de Oslo, a administración sobre a maior parte da área foi entregada á Autoridade Nacional Palestina, xunto coa existencia de asentamentos israelís nalgunhas áreas, que foron evacuadas en 2005 para a desvinculación israelí de Gaza. Logo da retirada de Israel, en 2006 Hamas gañou as últimas eleccións lexislativas celebradas en Palestina e comezou a administrar Gaza; tomou o control total dunha pequena guerra civil o ano seguinte. Desde entón, Hamas reprimiu e executou brutalmente os seus opositores.
Historia Gaza foi parte do Imperio Otomán antes de ser ocupada polo Reino Unido (1918–1948), Exipto (1948–1967), e despois Israel, que en 1993 concedeu á Autoridade Nacional Palestina un autogoberno limitado en Gaza de acordo cos Acordos de Oslo. Dende 2007, a Franxa de Gaza foi gobernada de facto como un estado de partido único por Hamas, que di representar ao Estado de Palestina e ao pobo palestino.Tristan Dunning, Hamas, Jihad and Popular Legitimacy: Reinterpreting Resistance in Palestine, Routledge, 2016 p.212:'Since taking sole control of Gaza in June 2007, Hamas has proven itself to be a remarkably resilient and resourceful government entity. The movement has clearly entrenched itself as the hegemonic power in the coastal enclave to such an extent that the International Crisis Group contends that the power struggle in Gaza is no longer between Hamas and Fatah. Rather the main source of confrontation is between Hamas and other more hardline Islamists and salafists. . . Hamas has been far more successful in an administrative sense than the Palestinian Authority in the West Bank, despite having access to only a fraction of the resources.'
Conflito israelí-palestino de 2023
O 7 de outubro de 2023, Hamas lanzou un ataque a grande escala contra Israel dende a Franxa de Gaza, matando unhas 1.300 persoas e tomando cando menos uns 199 reféns. O 9 de outubro de 2023, Israel declaroulle a guerra a Hamas e impuxo un "bloqueo total" sobre a Franxa de Gaza. O bloqueo foi anunciado polo ministro de Defensa israelí Yoav Gallant, quen declarou: "Non haberá electricidade, nin comida, nin combustible, todo está pechado. Estamos loitando contra animais humanos e actuamos en consecuencia".
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Bregman, Ahron (2002). Israel's Wars: A History Since 1947 ''. Londres: Routledge. .
Ligazóns externas Atlas estatístico de Palestine da Oficina Central de Estatísticas de Palestina (arquivado o 24 de abril de 2016)
Categoría:Palestina