Paul Ehrenfest, nado en Viena o 18 de xaneiro de 1880 e finado en Ámsterdan o 25 de setembro de 1933, foi un físico e matemático austríaco. O 24 de marzo de 1922 obtivo a nacionalidade neerlandesa.
Traxectoria As súas principais contribucións producíronse no eido da Física estatística, e a súa relación coa mecánica cuántica, e tamén se lle debe a teoría de Cambio de estado e o teorema de Ehrenfest.
Vida persoal
En decembro de 1904, casou coa matemática rusa Tatyana Alexeyevna Afanasyeva (1876–1964), que se converteu nunha das súas colaboradoras. Tiveron dúas fillas e dous fillos: Tatyana (1905-1984), que tamén se converteu en matemática, Galinka (1910-1979) ilustradora de libros para cativos, Paul Jr. (1915-1939) físico e Vassily (1918-1933).
Categoría:Físicos de Austria Categoría:Nados en Viena Categoría:Nados en 1880 Categoría:Finados en 1933 Categoría:Matemáticos de Austria