A Premier League, tamén coñecida no Reino Unido como The Premiership, é a máxima categoría da liga de clubs de fútbol de Inglaterra. Foi fundada en 1992, seguindo a decisión dos equipos da Football League First Division (até entón a máxima categoría da liga inglesa) de separarse da "Football League" para tomar vantaxe dun lucrativo trato de dereitos de televisión.

A Premier League está actualmente constituída por vinte equipos en cada tempada, e un total de corenta e oito competiron nela ao longo dos anos, con todo, só seis equipos gañaron o título até o de agora: Arsenal, Blackburn Rovers, Chelsea, Leicester City, Manchester City e Manchester United. O actual campión é o Manchester City.

O torneo está considerado como a mellor liga do mundo segundo a clasificación oficial da Federación Internacional de Historia e Estatística de Fútbol (IFFHS).A Mellor Liga de Fútbol do Mundo 2009

Historia Orixes Os anos 1980 supuxeron unha das peores épocas do fútbol inglés, os estadios non se atopaban en bo estado, cada vez menos xente acudía a ver os partidos, os seareiros máis radicais, os hooligans, provocaban altercados violentos nos estadios e os equipos ingleses estaban imposibilitados de xogar nas competicións europeas tras a Traxedia de Heysel en 1985. Así, a Football League First Division, que fora a máxima competición futbolística do país dende 1888, estaba lonxe de igualarse con ligas como a Serie A de Italia ou a Primeira División de España no que se refire a asistencia de público e ingresos, emigrando moitos xogadores ingleses cara a outros países.

Con todo, nos anos 1990 esta tendencia comezou a reverterse, a selección de fútbol de Inglaterra fixera un bo papel na Mundial de Fútbol de 1990 chegando ás semifinais e a UEFA levantara xa a prohibición sobre os equipos ingleses de xogar en competicións europeas en 1990, sendo publicado ese mesmo ano o Informe Taylor, sobre os estándares seguridade nos estadios, cunha proposta para que tódolos espectadores tivesen a súa corresponde cadeira dentro do recinto.

O diñeiro da televisión converteuse en algo moi importante; a Football League recibira só 6,3 millóns de libras esterlinas por un acordo de dous anos en 1986, mais cando o trato rematou en 1988, o prezo subira a 44 millóns polos seguintes catro anos. As negociacións de 1988 foron o primeiro sinal dunha liga dividida; dez clubs ameazaron con deixala e formar unha "superliga", porén foron finalmente persuadidos para quedar. Coa mellora dos estadios e o aumento da asistencia aos partidos, as recadacións melloraron, e os mellores equipos do país novamente consideraron deixar a Football League para capitalizar a crecente influencia do diñeiro que se xeraba polo deporte.

Fundación Ao final da tempada 1990-91, unha proposta para o establecemento dunha nova liga estaba feita. O acordo entre os membros fundadores, asinado o 17 de xullo de 1991 polos clubs máis importantes, estableceu os principios básicos para crear a Premier League. Esta nova división tería independencia comercial da Federación Inglesa de Fútbol e da Football League, dándolle á Premiership licenza para negociar os seus propios acordos para a radiodifusión e patrocinio. Isto foi visto como necesario para que os equipos ingleses puidesen outra vez competir e derrotar aos mellores cadros de Europa, mentres se atraía aos mellores futbolistas do mundo, algo que en 1991 parecía imposible.

En 1992 os equipos da First Division renunciaron á Football League e o 27 de maio de 1992 a Premier League foi formada como unha "Private company limited by shares" (do inglés: Compañía privada limitada por accións) non dependente da Federación Inglesa de Fútbol, o que significou un crebe de 104 anos de antigüidade, nos que a Football League funcionara até entón con catro divisións. Así pois a Premier League operaría como unha soa división, a primeira, e a Football League coas tres restantes. Realmente non houbo un cambio no formato da competición, o mesmo número de equipos competía na máxima categoría, e o ascenso e descenso entre a Premier League e a nova First Division mantívose co mesmo formato que rexía entre as antigas First e Second Division.

Os vinte e dous membros inaugurais da nova Premier League foron Arsenal, Aston Villa, Blackburn Rovers, Chelsea F.C., Coventry City, Crystal Palace, Everton, Ipswich Town, Leeds United, Liverpool F.C., Manchester City, Manchester United, Middlesbrough, Norwich City, Nottingham Forest, Oldham Athletic, Queens Park Rangers, Sheffield United, Sheffield Wednesday, Southampton F.C., Tottenham Hotspur e Wimbledon.

Estabelecemento A finais da tempada 2008-09, completáranse dezasete campionatos da Premier League, sendo a súa primeira tempada no ano 1992-93, orixinalmente composta por vinte e dous clubs. O primeiro gol da Premier League foi anotado por Brian Deane do Sheffield United na súa vitoria por 2 a 1 ante o Manchester United. Debido á insistencia da FIFA, o organismo reitor internacional do fútbol, para que as ligas nacionais reduciran o seu número de clubs participantes, o número de equipos foi reducido a vinte en 1995, cando catro equipos foron relegados da liga e só dous equipos ascendidos. O 8 de xuño de 2006, a FIFA pediu que tódalas ligas europeas, incluíndo a Serie A italiana e a Primeira División española, reduciran o seu número de competidores a dezaoito ao comezo da tempada 2007-08. A Premier League respondeu anunciando a súa intención de resistirse a tal redución, e finalmente comezou ese ano de novo con vinte equipos. A liga cambiou o seu nome de "FA Premier League" a simplemente "Premier League" en 2007.

Estrutura corporativa A Premier League funciona como unha corporación e é propiedade dos vinte clubs membros. Cada club é un accionista, cun voto cada un en cuestións tales como cambios nas regras e contratos. Os clubs ademais elixen a un presidente, a un director executivo e a un consello de administración para supervisar as operacións diarias da liga. A Federación Inglesa de Fútbol non está directamente implicada nas operacións da Premier League, mais ten poder de veto como accionista especial durante a elección do presidente e director executivo e cando as novas normas son adoptadas pola liga.

Así mesmo, a Premier League envía representantes á UEFA's European Club Forum, o número de clubs e os propios clubs elixidos en función dos coeficientes da UEFA. O Foro de Clubs Europeos é responsable da elección de tres membros do Comité de Competición da UEFA, que participa nas operacións das competicións da UEFA como a Liga de Campións e a UEFA Europa League.

Sistema de competición Os vinte equipos constituíntes da Premier League enfróntanse durante cada tempada, dende agosto até maio, dúas veces co resto, unha vez no seu estadio e outra no do seu adversarios, nun total de 38 partidos por cada equipo. Ao final de cada tempada os tres últimos equipos da clasificación descenden á Football League Championship e son substituídos polos dous mellores da Football League Championship, xunto ao gañador dun sistema de play-off que se xoga entre os equipos que ocuparon do terceiro ao sexto posto desa mesma división.

Os equipos que ocupan os catro primeiros lugares clasifícanse para a Liga de Campións da UEFA, entrando directamente os tres primeiros na fase de grupos e o cuarto na terceira rolda de clasificación. O quinto lugar clasifícase automaticamente á UEFA Europa League, entrando na primeira rolda de clasificación. O sexto e o sétimo tamén se poden clasificar dependendo do que pase nas dúas competicións de copa, a Copa de Inglaterra, e a Copa da liga de Inglaterra. Se o campión e o subcampión da Copa de Inglaterra finalizan entre o cinco primeiros, o lugar na UEFA Europa League iría para o sexto lugar da Premier League. Se a Copa da liga é gañada por un equipo que xa se clasificou a unha competición europea, o lugar do gañador da Copa da liga vai cara ao equipo mellor clasificado que non clasifique a Europa, ao contrario que na Copa de Inglaterra, onde non se lle dá o lugar ao subcampión.

Equipos participantes 2022/23 ClubCidadeAdestradorEstadioCapacidadeArsenalLondres Mikel Arteta Emirates Stadium 60.704Aston VillaBirmingham Steven Gerrard Villa Park 42.657BournemouthBournemouth Scott ParkerDean Court 11.307BrentfordLondres Thomas FrankGtech Community Stadium 17.250Brighton & Hove AlbionBrighton Graham PotterThe Amex 31.800ChelseaLondres Thomas TuchelStamford Bridge 40.343Crystal PalaceLondres Patrick VieiraSelhurst Park 25.486Everton Liverpool Frank Lampard Goodison Park 39.414Fulham Londres Marco SilvaCraven Cottage 22.384Leeds United Leeds Jesse MarschElland Road 37.608Leicester City Leicester Brendan RodgersKing Power Stadium 32.262Liverpool Liverpool Jürgen KloppAnfield 53.394Manchester City Manchester Pep GuardiolaCity of Manchester Stadium 53.400Manchester UnitedManchester Erik ten HagOld Trafford 74.310Newcastle UnitedNewcastle upon Tyne Eddie HoweSt James' Park 52.305Nottingham ForestWest Bridgford Steve CooperCity Ground 30.332SouthamptonSouthampton Ralph HasenhüttlSt Mary's Stadium 32.384Tottenham Hotspur Londres Antonio ConteTottenham Hotspur Stadium 62.850West Ham UnitedLondres David MoyesLondon Stadium 62.500Wolverhampton WanderersWolverhampton Bruno LageMolineux Stadium 31.750

Ver: Premier League 2022-2023.

Palmarés Historial de campións