La gran aventura de Mortadelo y Filemón é un filme cómico español de 2002, baseado nas personaxes de Mortadelo e Filemón de Francisco Ibáñez.

Foi a película española con máis éxito de público de 2003 (4 852 056 espectadores) e converteuse na segunda película máis exitosa despois de Los otros de Alejandro Amenábar. Máis tarde, El orfanato tamén a superaría.

Elenco Benito Pocino (Mortadelo) Pepe Viyuela (Filemón) Berta Ojea (Ofelia) Dominique Pinon (Fredy Mazas) Paco Sagarzazu (El tirano Calimero) Mariano Venancio (El Súper) Janfri Topera (El profesor Bacterio) Janusz Ziemniak (Nadiusko) María Isbert (Madre de Filemón) Emilio Gavira (Rompetechos)

Sinopse

Ao profesor Bacterio roubáronlle o máis perigoso dos seus inventos, un artefacto que acaba en mans dun ditador pequeniño e louco, disposto a usalo de forma criminal. Logo, a T.I.A., para evitar a catástrofe contrata a un axente para que leve a cabo o rescate do invento, prescindindo de Mortadelo e Filemón. Estes, ao decatarse da situación, empezan a resolver o caso pola súa conta, para ben ou mal da humanidade.

Galardóns Goyas 2003 Categoría Persoa ResultadoMellor montaxeIván AledoGañadorMellor dirección artísticaCésar MacarrónGañadorMellor dirección de produciónLuis MansoMarina OrtizGañadoresMellor deseño de vestiarioTatiana HernándezCandidataMellor maquillaxe e peiteadoJosé Antonio SánchezPaquita MuñozGañadoresMellores efectos especiaisRaul RomanillosPau CostaJulio NavarroFélix BergésGañadores

Categoría:Filmes de 2002 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes dirixidos por Javier Fesser Categoría:Filmes rodados en Madrid