The End of The Line: How Overfishing Is Changing the World And What We Eat (en galego, "O final da liña: Como a sobrepesca esta mudando o mundo e mailo que comemos") é un libro do xornalista Charles Clover sobre a sobrepesca. Clover, un editor de medio ambiente do Daily Telegraph (Londres), describe como a pesca moderna está a destruír os ecosistemas do océano. Conclúe que o actual consumo a nivel mundial de peixe a nivel é insustentable. O libro prové de datos sobre a sobrepesca en varios dos hábitats oceánicos mundiais máis críticos, coma as zonas de pesca de Nova Inglaterra, as costas do oeste de África, os terreos europeos do norte do Atlántico, e o océano ao redor do Xapón."The End Of The Line: How Overfishing Is Changing the World and What We Eat." Science News. December 23, 2006. O libro conclúe con suxestións sobre como as nacións mundiais deberían comezar a pescar no océano de maneira sustentable.
Recensións Daniel Pauly, profesor de Pesca na Universidade da Columbia Británica, analizando o libro para o Times Higher Education Supplement, encomiou a obra: "Entretén, indigna e é un libro de lectura obrigada pnoara aqueles que se preocupan polo mar e os seus habitantes, ou mesmo pola nosa oferta de mariscos."Pauly, Daniel. "Review of 'The End of the Line: How Overfishing Is Changing the World and What We Eat'." The Times Higher Education Supplement. April 22, 2005. O xornal británico The Independent chamouno "persuasivo e desesperadamente perturbador," "o equivalente marítimo de Primavera silenciosa ...".Hirst, Christopher; Patterson, Christina; and Tonkin, Boyd. "Paperbacks." The Independent. February 25, 2005.
Aínda que foi amplamente analizado no Reino Unido, o libro recibiu pouca atención nos Estados Unidos. De todos os xeitos, foi destacado na portada da National Geographic Magazine.Jansen, Bart. "Fishing for Answer to Hard Questions." Maine Sunday Telegram. March 25, 2007.
Adaptación O libro foi adaptado a un documental co mesmo nome, que foi publicado por Participant Media no ano 2009.Daunt, Tina. "'The End of the Line' Examines the Perils of Overfishing." Os Angeles Times. June 12, 2009; "Underwater Treasures." The Economist. January 22, 2009.Un documental inicia unha campaña planetaria para evitar o colapso dos océanos 13/06/2009 A Vangarda
Notas
Ligazóns externas Páxina oficial do documental (en inglés) Tráiler de The End of the Line (documental) (en inglés)
Categoría:Pesca