Illa Crooked é unha illa e distrito das Bahamas.

Xeografía

Illa Crooked atópase ao sueste das Bahamas, e unha das tres illas principais da lagoa chamada Baía Acklins (as outras son Acklins e Long Cay). A superficie da illa é de 240 km², segundo o Goberno das Bahamas, pero de 282´1 km² segundo o Programa de Nacións Unidas para o Medio Ambiente.

Demografía No censo de 2000 ,Illa Crooked tiña 350 habitantes.

O pobo principal da illa é Coronel Hill.

Economía

Os habitantes viven principalmente da pesca e a agricultura.

Illa Crooked ten un aeroporto.

Historia

Illa Crooked foi colonizada a finais da década de 1780 polos leais estadounidenses que estableceron plantacións de algodón, que empregaban a máis de mil escravos. Logo da abolición da escravitude no Imperio Británico, as plantacións foron substituídas pola colleita de esponxas.

Crooked Categoría:Arquipélago das Bahamas Categoría:Illas das Bahamas Categoría:Distritos das Bahamas