O St. Mary's College Rugby Football Club é un club de rugby da cidade de Dublín, en Irlanda. Foi fundado en 1900 por antigos alumnos do St. Mary's College, Dublin, polo que orixinariamente foi coñecido como Old St. Mary's. O club gañou a Leinster Senior Cup por primeira vez en 1958. No ano 2000 gañou a AIB League baixo a capitanía de Trevor Brennan cando a diferenza dos clubs de Munster tiveron pleno acceso aos seus xogadores da IRFU contratados.

O club estivo situado antigamente no College Drive, en Templeogue dende 1955 ata os anos '70, incluíndo a sede do club e os campos de xogo ata que se converteran na área residencial Fortfield Square. Nos anos '70, o club trasladouse a Templeville Road aos campos de rugby anteriormente construídos e empregados polo Templeogue College, a Congregación do Espírito Santo que era escola irmá do St. Mary's College.St. Mary's College R.F.C. - History of the Club

Palmarés AIB League Campión: 1999-00: 1 Leinster Senior League Campión 1972, 1978, 1980 e 1989: 4 Finalista 1984 e 1988: 2 Leinster Senior Cup Campión: 1958, 1969, 1971, 1974, 1975, 1987, 1993, 1995 e 2005: 9 Finalista : 1963, 1966, 1973, 2006 e 2008: 5 Metropolitan Cup Campión: 1940, 1941, 1953, 1970, 1971, 1978, 1985 e 1998: 8 Finalista : 2003 e 2004: 2 Leinster Junior Challenge Cup Campión: 1905, 1907, 1908 e 1911: 4

Xogadores destacados Ilanda Os seguintes xogadores do St. Mary's representaron a Irlanda a nivel internacional.

Trevor Brennan Victor Costello Vince Cunningham Paul Dean Ciaran Fitzgerald Keith Gleeson Tom Grace Denis Hickie Shane Jennings Sean Lynch John Moloney Rodney O'Donnell Malcolm O'Kelly Jonathan Sexton Tony Ward

British and Irish Lions Ademais de representaren a Irlanda, os seguintes xogadores do St. Mary's representaron os British and Irish Lions.The Ireland Rugby Miscellany (2007): Ciaran Cronin

Sean Lynch: 1971 John Moloney: 1974 Tom Grace:1974 Rodney O'Donnell: 1980 Tony Ward: 1980 Ciaran Fitzgerald: 1983 Paul Dean: 1989 Vince Cunningham: 1993 Malcolm O'Kelly: 2001 Denis Hickie: 2005

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas St. Mary's College RFC St. Mary's College RFC no Facebook

St Mary's College