Owl City é un proxecto musical de synthpop do músico estadounidense Adam Young. Iniciouse na carreira musical no 2007, en Owatonna, a súa cidade natal en Minnesota.

As influencias de Young son a música disco e a música electrónica europea. Despois de dous álbums independentes, Owl City gañou proxección no ano 2009, co primeiro álbum lanzado a través dunha discográfica, Ocean Eyes, que levou o artista á primeira posición na canle de radio estadounidense Billboard Hot 100 co seu sinxelo "Fireflies". "Fireflies" chegou ao máis alto das cadeas musicais dos Estados Unidos e do Canadá, alén de ter sido a canción máis baixada no iTunes nos Estados Unidos, e o álbum Ocean Eyes chegar aotop dez das emisoras estadounidenses. En decembro de 2009, recibiu o disco de ouro nos Estados Unidos. Ademais diso, a súa música “The Technicolor Phase” forma parte da banda sonora de Alicia no país das marabillas (filme), dirixido por Tim Burton.

Discografía

Álbums de estudio Maybe I'm Dreaming - 2008 Ocean Eyes - 2009 All Things Bright and Beautiful - 2011 The Midsummer Station - 2012

EPs Of June - 2007

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais de new wave Categoría:Grupos musicais de synthpop Categoría:Grupos musicais formados en 2007 Categoría:Artistas de Republic Records