O Galiciano foi un periódico semanal galego en galego que se editou en Pontevedra entre 1884 e 1889.
Historia e características Subtitulado Paróla Gallega, apareceu o 8 de agosto de 1884"O Galiciano" in La Revista Popular, 116, 10-2-1896, p. 7. Estaba dirixido por Rufino Rivera Losada e nel colaboraron Juan M. Rodríguez de Cea, Albino Simán, Ramiro Vieira Durán, Francisco Portela Pérez e José López Otero. En 1884 organizou uns xogos florais e en xuño de 1886 un certame literario-musical polas festas da Peregrina. Deixou de publicarse a finais de 1887 para reaparecer en 1888. Transformouse en novembro de 1888, co subtítulo Somanario gallego pasou a estar dirixido por Rogelio Lois Estévez, e Rufino Rivera converteuse en administrador. Conviviu na última etapa co semanario O Novo Galiciano. A obra satírica “Discurso d’autualidade d’un calvo moi patilludo a quén chama a vecindade don Sexismundo… o peludo” publicada nas súas páxinas, constitúe un dos primeiros exemplos de banda deseñada en galego.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos El Galiciano Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra
Categoría:Prensa escrita de Pontevedra Categoría:Prensa escrita en lingua galega Categoría:1884 en Galicia