Leilía é un grupo de pandeireteiras galegas nado no verán de 1989. O seu nome provén dun termo aplicado ao retrouso das cantigas populares.
Traxectoria Pertencen á xeración de mozos e mozas, ligados aos grupos folclóricos, que desde os anos oitenta percorreron as aldeas galegas recompilando músicas e bailes tradicionais. Mercedes Rodríguez, Montse Rivera e Felisa Segade facían parte da agrupación compostelá Cantigas e Agarimos. Felisa impartía, ademais, aulas de canto e pandeireta en Cacheiras. Alí entrou en contacto coas irmás Ana e Rosario Rodríguez, e con elas configurouse o grupo no verán de 1989.
En 1992 unha selección do seu traballo de recompilación foi publicada na colección Fonoteca 92 de El Correo Gallego e no ano 1994, cos froitos das recollas de campo, publicaron o seu primeiro disco Leilía, un álbum de pouso etnográfico que mudou o panorama da música galega de raíz, pois até daquela esta asociábase principalmente á gaita, e non existían grupos de pandeireteiras que actuasen por si propias, separadas das formacións folclóricas.
A este primeiro traballo discográfico seguíronlle outros catro, e multitude de concertos, espectáculos e recoñecementos, nunha longa carreira de máis de trinta anos.
En 2023, durante a xira Vidas Cantadas, anunciaron a súa despedida dos escenarios.
En 2023 premio Alecrín da Cultura das entidades culturais galegas en Cataluña.
En 2024 foron Medalla Castelao.
Discografía +AnoTítuloDetallesSelo discográfico1992LeilíaLanzamento: 1992 Formato: Casete, EPEditorial Compostela1994LeilíaLanzamento: 1994 Formato: CD, ÁlbumDiscMedi Blau1998I é Verdade, I é MentiraLanzamento: 1998 Formato: CD, ÁlbumVirgin Records2003MadamaLanzamento: 2003 Formatos: CD, ÁlbumDiscMedi Blau2005Son de LeilíaLanzamento: 2005 Formatos: StreamingAutoedición2011ConSentimentoLanzamento: 2011 Formato: CD, ÁlbumFol Música
Notas
Véxase tamén Outros artigos Leilía (nome) Ligazóns externas Leilía - TVG (Alalá nº 11 - 2006).
Categoría:Grupos musicais de Santiago de Compostela Categoría:Participantes do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira Categoría:Grupos galegos de música tradicional Categoría:Grupos musicais en galego Categoría:Medallas Castelao Categoría:Grupos musicais formados en 1989 Categoría:Grupos musicais separados en 2023