O modio de Ponte Puñide é un vaso cilíndrico de bronce datado no século IV, achado no ano 1913 no lugar da Ponte Puñide, na parroquia de Gonzar, no concello do Pino. Está exposto no Museo Arqueolóxico Nacional de Madrid.

Características O vaso era empregado polos romanos coma unidade de medida de áridos, particularmente o trigo. A importancia deste modio (latín: modius) atópase na inscrición que recolle a mención dos principais (curiae) das cidades, que estaban ao cargo de recolectar os impostos entre os habitantes dos núcleos urbanos en tempos dos emperadores Valentiniano I (364-375), Valente (364-378) e Graciano (375-383), que estiveron vencellados ao poder entre 367 e 375.

O modio como unidade de medida equivalía 8,6666 litros aínda que o modio da Ponte Puñide mide case 10 litros e ten un peso de 6,8 kg.

Texto da inscrición Medida de modio, segundoo sagrado mandatodos nosos señoresValentiniano, Valente eGraciano, invictísmospríncipes, mandandoMario ArtemioVicario da prefectura das Hispaniasprocurándoo Potamioe Quinciano pincipais.Tradución a partir da ofrecida por García Romero (1914), p. 287 Notas

Véxase tamén

Bibliografía Arce, J. (2007): Bárbaros y romanos en Hispania. Marcial Pons Historia. ISBN 84-96467-57-0.

Outros artigos Medidas de capacidade romanas

Categoría:Gallaecia Categoría:O Pino Categoría:Arqueoloxía en Galicia Categoría:Coleccións do Museo Arqueolóxico Nacional de España Categoría:Obxectos arqueolóxicos