Fray Bentos é unha cidade da República Oriental do Uruguai e é a capital do departamento de Río Negro. A súa fundación oficial é o 16 de abril de 1859, aínda que a súa orixe é pretérita. A súa poboación é de 25.031 hab.

Localízase sobre a beira leste do Río Uruguai, conta cun porto de augas profundas e encóntrase unida á Provincia de Entre Ríos, República Arxentina pola ponte internacional denominada "Puente Libertador General San Martín".

Desde 2006 a cidade cobrou notoriedade a raíz do conflito pola instalación de dúas plantas produtoras de pasta celulósica próximas á Ponte Internacional e á cidade arxentina de Gualeguaychú.

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web do Museo da Revolución Industrial de Fray Bentos Botnia Pulp Products Weather Forecast Fray Bentos INE mapa de Fray Bentos e o Barrio Anglo

Categoría:Cidades do Uruguai Categoría:Patrimonio da Humanidade no Uruguai