A illa Roosevelt é unha illa cuberta polo xeo, aproximadamente de 130 km de longo na dirección NO-SE por 65 km de ancho, e uns 7.500 km² de superficie, que está na parte leste da barreira de xeo de Ross na Antártida. A súa parte central elévase uns 550 msnm.

Foi chamada polo seu descubridor o almirante Richard Evelyn Byrd en 1934 en honra a Franklin Delano Roosevelt, entón Presidente dos Estados Unidos.

Reclamación territorial A illa é reclamada por Nova Zelandia como parte da Dependencia Ross, pero esta reclamación está suxeita ás disposicións do Tratado Antártico.

Notas

Véxase tamén

Roosevelt Categoría:Illas deshabitadas Roosevelt