miniatura|dereita|300px|A toma da Bastilla (14 de xullo de 1789), símbolo do Antigo Réxime, sacudiu a toda Europa A Crise do Antigo Réxime é a conxuntura de cambios que xorden en Europa Occidental no período de aproximadamente cen anos que vai desde a publicación da Enciclopedia (1751) ata a Revolución de 1848.
Tipificación Pódese considerar unha crise xeral e secular, porque, aínda que non lla nomee coa cifra dun século (como a crise do século III ou do século XIV) a xeneralización das súas consecuencias foi dun evidente impacto en toda a civilización occidental. O feito de que se identifique cos tres grandes procesos revolucionarios (revolución burguesa, revolución liberal, revolución industrial) engade algo de dificultade para a súa catalogación como crise, pois as revolucións serían un proceso de cambio acelerado, mentres que as crises citadas anteriormente sofren cambios cuxas consecuencias son só visibles a longo prazo. Eric Hobsbawm chamou ao período The Age of Revolution. Os contemporáneos viviron a caída do Antigo Réxime con total consciencia, e de feito, déronlle ese nome.
Extensión O termo Antigo Réxime usado de forma restritiva só se podería aplicar a Francia e estenderse aos estados-nación en que funcionaron monarquías autoritarias ou absolutas durante a Idade Moderna, como España e Portugal (ver Antigo Réxime). Inglaterra e Holanda eran xa monarquías parlamentarias. O Leste europeo está ocupado por Imperios de moi distinta caracterización (Austria, Rusia, Turquía e a emerxente Prusia). Aínda así as consecuencias do proceso de Crise do Antigo Réxime afectaranlles a todos de forma decisiva, do mesmo xeito que a boa parte do mundo, polo menos a outro continente: América, este último co aspecto diferenciado que lle dan os procesos de Independencia (1776 para Estados Unidos, 1808-1824 para a América continental española e portuguesa). Para o caso da Europa Central e Oriental, os cambios prolónganse no tempo ata a primeira guerra mundial (1914-1918)
Conclusión miniatura|dereita|300px|A revolución de 1830 en Bélxica. Wappers, 1834 A crise do Antigo Réxime representa á vez: O episodio final na transición do feudalismo ao capitalismo, co triunfo deste último como modo de produción. O asentamento da burguesía como nova clase dominante. O Estado liberal como novo sistema político. O liberalismo político e económico como nova ideoloxía dominante.
Tamén son destacados acontecementos de máis longo percorrido: Os cambios demográficos e urbanísticos aceléranse. Xorde o proletariado industrial como nova clase oposta á burguesía, e comezan os conflitos sociais que se coñecen como movemento obreiro.
E notablemente, no mundo das ideas e crenzas: A relixión sepárase do Estado e comeza un proceso de descristianización.CALLAHAN, William J. Igrexa, poder e sociedade en España 1750-1874, Madrid, Nerea ISBN 84-86763-12-6 En Arte e Literatura triunfan sucesivamente o Neoclasicismo, o Romanticismo e o Realismo. A ciencia e a técnica entran en contacto entre si e coa demanda social da industrialización, co que as súas posibilidades crecen exponencialmente.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Revolución industrial Revolución francesa Restauración Revolución de 1820 Revolución de 1830 Revolución de 1848 Revolución burguesa
Categoría:Idade Contemporánea