Iyo (伊予国, いよのくに) era unha antiga provincia do Xapón. Ocupaba a área que hoxe é a prefectura de Ehime en Shikoku. Iyo tiña fronteiras coas provincias de Awa, Sanuki e Tosa.
A antiga capital da provincia estaba preto da moderna Imabari. Durante o período Sengoku estaba dividida en varios feudos, o máis grande gobernábase dende Matsuyama. O clan Chōsokabe unificou brevemente a provincia dende a veciña Tosa ata que Toyotomi Hideyoshi invadiu Shikoku en 1584 e restableceu os feudos.
Categoría:Xeografía do Xapón Categoría:Rexión de Shikoku Iyo