Na mitoloxía grega, Príamo (en grego Πρίαμος Príamos), foi o rei mítico de Troia durante a Guerra de Troia, na que foi morto por Neoptólemo.
Era o fillo máis novo do rei Laomedonte e da ninfa Estrimo, filla do río Escamandro. Apolodoro di que segundo algúns a nai de Príamo era Placia, filla de Otreo; e segundo outros era LeucipeGrimal, s. v. Príamo..
Podarces Sábese pouco de Príamo antes dos acontecementos da Guerra de Troia. Sendo aínda meniño, Heracles conquistou Troia como vinganza contra Laomedonte xa que este non quixo darlle a recompensa prometida (uns cabalos inmortais que lle regalara Zeus) se acababa cun monstro enviado por Poseidón, ó que debía sacrificar á súa filla Hesíone. Non contento con conquistar a cidade, matou a Laomedonte e a tódolos seus fillos, agás a propia Hesíone e mais o fillo máis novo, Podarces.
Heracles ofreceu a Hesíone como esposa a Telamón, rei de SalaminaE pai de Áiax o Grande e de Teucro., e ofreceulle como galano de voda o que ela quixera. Hesíone pediu ó seu irmán Podarces e Heracles accedeu, aínda que baixo a forma dunha venda simbólica. Por iso Podarces cambiou o seu nome polo de Príamo, que viría a significar comprado ou o que foi vendidoJulia García Moreno, tradutora da Biblioteca mitológica na edición de Alianza Editorial e autora das notas a rodapé, explica que "Apolodoro deriva o nome de "príamai", 'comprar', segundo a etimoloxía mencionada por Tzetzes e Hixino" (nota 101 a II, 6.4, px. 134)..
E como se tratara do único fillo do rei, entregoulle o reino de Troia.
Matrimonio e descendencia Príamo casou con Arisbe, filla de Mérope (rei de Percote, unha cidade da Tróade), coa que tivo un fillo, Ésaco. Este fillo herdou do seu avó a capacidade de interpretar os soños e por iso entendeu o soño de Hécuba (segunda esposa de Príamo). Esta soñou que daba a luz un tizón ardendo que logo prendía lume a toda a cidade, e Ésaco advirtiu que o fillo que ía parir, que sería Paris, provocaría a destrución da cidade, polo que aconsellou a Príamo que o matara ó nacer. Pero Príamo non lle fixo casoGrimal, s. v. Ésaco. Pero segundo Eurípides na traxedia Andrómaca foi Casandra, tamén adiviña, a que fixo esta profecía, lo cual resuta imposible se se ten en conta que Casandra naceu despois de Paris..
Tras abandonar a Arisbe, Príamo casou con Hécuba, filla de Dimante, coa que tivo dezanove fillos, entre eles Heitor, Paris, Casandra, Deífobo, Héleno, CreúsaQue casaría con Eneas., etcEsta cifra de dezanove fillos con Hécuba é a tradicionalmente aceptada (Grimal, s. v. Hécuba; Graves, px. 677), pero Pseudo-Apolodoro, que lista tódolos nomes da descendencia de Príamo, só nomea catorce.. Pero tamén tivo numerosos fillos con diferentes concubinas ata un total de cincuenta fillos e fillas, segundo contan os mitógrafos. Os diferentes autores dan cifras e nomes diferentesEn Apolodoro (III, 12.5) pode consultarse a listaxe completa; tamén en Hixino (Fábula 90), que dá unha lista de 55 nomes..
Incluso, da descrición do palacio de Príamo na Ilíada (libro VI, vv. 249-255) parece deducirse que tivo 50 fillos ("No seu interior había cincuenta estancias, dispostas a continuación unhas doutras, onde os fillos de Príamo dormían xunto ás súas lexítimas esposas ...") e doce fillas ("... mentres que ó outro lado, en fronte, as súas fillas tiñan no patio doce estancias de pedra puída, dispostas a continuación unhas doutras, onde os xenros de Príamo dormían xunto ás súas venerables esposas").
Príamo na guerra de Troia Cando se produciu a Guerra de Troia, Príamo xa contaba cunha idade avanzada, polo que non participou nos combates cos aqueos. Na Ilíada podémolo ver presidindo os consellos que decidían as accións de guerra, normalmente dirixida por Héitor. Si que queda claro que non considera a Helena responsable de nada senón ós deuses:
E, de feito, Príamo rexeitou ós embaixadores enviados por Agamenón para reclamar a devolución de Helena ó seu marido Menelao, polo que os gregos comezaron coas accións bélicas. Nos primeiros momentos da guerra, Aquiles mata a Troilo, un fillo de PríamoDise que Aquiles se namorou de Troilo pero este o rexeitou, polo que terminou matándoo. e, noutra incursión, capturou a Licaón, outro dos fillos de PríamoVendeuno como escravo a un fillo de Xasón pero pronto foi liberado e regresou a Troia, onde terminou morto a mans de Aquiles., e matou a Méstor, outro fillo.
Durante os distintos combates da guerra, os fillos de Príamo van morrendo un tras outro, pero a verdadeira reacción tivo lugar co gallo da morte de Heitor, o seu primoxénito e fillo preferido. Aquiles non só mata a Heitor en combate singular senón que logo arrastra o seu cadáver atado ó seu carro ó redor da muralle de Troia e logo lévao ata o campamento grego onde, durante varios días, segue profanando o cadáver. Este comportamento moveu a conciencia dos deuses que, coa oposición de Hera, Poseidón e Atenea, decidiron esixir a Aquiles que entregase o corpo, para o que mandaron a Tetis a convencer ó fillo. Simultaneamente, mandou a Iris onda Príamo para que fose, el só, recoller o cadáver de Heitor no campamento grego.
Os gregos crían que os mortos só podían descansar en paz nos Campos Elisios despois de recibir digna sepultura e celebradas os rituais e libacións de rigor"...coa mesma esperanza entérranse os restos do defunto, esperando que atope unha vida feliz nos Campos Elisios se se observan os rituais prescritos para a ocasión. Os insepultos carecían de tal esperanza" (Carmona, px. 178).. E Príamo desexaba darlle esa homenaxe a Heitor. Por iso tivo que humillarse e acudir, ás agachadas, ata a tenda de Aquiles para pregarlle axeonllado ante el que lle devolvese o corpo do seu fillo. Aquiles accedeu, ben por admiración á valentía demostrada por Príamo, ben polo xeneroso rescate que este lle ofreceu. Homero detalla na IlíadaIlíada XXIV, 228-235. a composición deste rescate: dez talentos de ouro, trípodes, copas, túnicas, peplos, etc. Tamén se di que o rescate consistiu no peso de Heitor en ouro, ou a promesa de casar con Aquiles a Polixena (unha filla de Príamo), ante o que Aquiles contestaría que rexeitaba o ouro se Príamo o casaba con Polixena.
Príamo puido regresar a Troia co cadáver de Heitor sen que ninguén o impedise. Para que puidesen celebrarse sen problemas as honras fúnebres, Aquiles comprometeuse a respectar unha tregua de 12 días, tempo durante o que os gregos cesarían na súa loitaIlíada XXIV, 671..
Tampouco puxo Príamo ningún inconveniente a que se entrasen na cidadela o Cabalo de Troia deixado polos gregos, a pesar de que tanto Casandra como Laocoonte (un sacerdote de Apolo en Troia) advertíronlle de que era unha trampa dos gregos.
miniatura|260px|Morte de Príamo a mans de Neoptólemo, fillo de Aquiles (ánfora ática, c. 520-510 a. C., Museo do Louvre)
A Ilíada remata coa morte e as exequias de Heitor, pero na Odisea e na Eneida se describen os feitos seguintes. Nesta última, Eneas relata a Dido os últimos momentos de Troia e a morte de Príamo da que el mesmo fora testemuñaVirxilio: Eneida, libro II. 507-558.. Como xa se dixo, Príamo era neste momento demasiado vello para loitar, pero aínda así quixo coller a espada para defender o palacio cando os gregos entraron nel. Hécuba impediullo e levouno a un altar de Zeus no fondo do palacio, cuberto por un loureiro sagrado, para poñerse baixo a protección dos deuses e así sobrevivir ou morrer xuntos. Non lle serviu de nada porque NeoptólemoDesignado na Eneida polo nome de "Pirro" pois, cando Tetis pretendeu evitar que Aquiles fose á guerra de Troia agochouno na corte de Licomedes, vestido como muller e baixo o nome de "Pirra"., despois de matar a Polites (outro fillo de Príamo), chegou onda el, arrancouno do altar polos pelos e degolouno, deixando o seu corpo decapitado e insepultoGrimal, s. v. Príamo; Pseudo-Apolodoro: Epítome V. 21.. Noutra variante do mito, Neoptólemo arrastrou a Príamo ata a tumba de Aquiles, fóra da cidade, e alí degolounoPausanias X, 27.2: "Príamo non morreu no hogar de Herceo [sobrenome de Zeus, protector da casa] senón que, arrancado do altar, foi morto de paso por Neoptólemo, xunto ás portas da súa casa"; Graves, px. 755-756..
Existe unha tradición alternativa segundo a cal Neoptolemo mata a Príamo golpeándoo co corpo de Astianacte, fillo de Heitor, co que se pretendía extinguir calquera liña sucesoria de PríamoPíxide de figuras negras, de 560-550 a. C. (Museo de Antigüidades de Berlín)..
Príamo na arte King Priam é unha ópera con música e libreto de Michael Tippett. Foi estreada o 29 de maio de 1962.
Galería de arte A figura de Príamo na iconografía creada ó redor da guerra de Troia é a dun personaxe secundario, eclipsado claramente por Aquiles, Heitor, Helena ou Paris. Pero o momento en que Príamo acode a suplicar a Aquiles que lle devolva o corpo do seu fillo constitúe unha excepción polo seu dramatismo e a dignidade dos dous protagonistas. A escena aparece pintada na cerámica grega xa no século VI a. C. (pintores de Brigos e Oltos). Continuará representándose en época romana, momento en que se observa unha insistencia nos regalos que ofrece Príamo, o que suxire a submisión de Oriente ó poder de Roma.
O tema deixa practicamente de tratarse na arte ata o século XIX, cando o retoman artistas como David, Fussli ou ThorvaldsenElvira Barba, px. 465..
O segundo momento no que parece que Príamo desperta o interese dos artistas é o do seu asasinato sacrílego a mans de Neoptólemo, momento que se reflicte xa na cerámica antiga e se retoma no século XVIII, con artistas como Antonio Canova. Tamén se pode atopar o momento en que Neoptólemo lanza desde o alto da muralla a Astianacte e, por veces, ámbalas escenas se representan simultaneamente.
O tesouro de Príamo miniatura|250 px|Diadema e pendentes do Tesouro de Príamo No transcurso das escavacións realizadas polo arqueólogo (afeccionado) Heinrich Schliemann na costa occidental de Anatolia, nas inmediacións do estreito dos Dardanelos, este atopou en 1873 un importante conxunto de obxectos de ouro e outros metais preciosos que bautizou como o Tesouro de Príamo. En realidade, o nivel de ocupación no que estaba escavando nese momento non correspondía ós restos da cidade de Troia nos tempos de Príamo, hoxe identificada como Troia VII (cara ao ano 1000 a. C.), senón á que hoxe se coñece como Troia II (entre 3000 e 2000 a. C.). Esa identificación como Tesouro de Príamo obedecía máis ben ó seu entusiasmo ó crer que localizara a cidade descrita por HomeroPoucos anos despois, Schliemann escavou nas ruínas de Micenas e atopou un conxunto de tumbas e diversos obxectos de ouro. Entre eles unha máscara de ouro que non dubidou e identificar como a Máscara de Agamenón, atribuíndoa ó mítico rei que conquistaría Troia. Tampouco acertou neste caso, pois terminou datándose entre 1550 y 1500 a. C., é dicir, uns 300 anos antes do tempo de Agamenón.
Schliemann levouse o tesouro a Grecia sen autorización das autoridades turcas. Aínda que foi demandado por estas, mantivo o tesouro no seu poder a cambio dunha multa. Legouno ó Museo de Artes e Oficios de Berlín e de aí pasou ó Museo de Etnoloxía. Co gallo da toma de Berlín polos rusos na Segunda guerra mundial, o tesouro desapareceu, pero en 1993 sóubose que estaba depositado no Museo Pushkin de Moscova, a onde fora levado en 1945 como botín de guerra"Aparece en Moscú el Tesoro de Troya, oculto desde la Segunda Guerra Mundial", en La Voz de Galicia 27.08.1993.. Aínda que se chegaron a manifestar dúbidas sobre a autenticidade do tesouro, hoxe en día foron desbotadas polos expertos.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Imaxes de Príamo en The Warburg Institute Iconographic Database
Categoría:Homes na mitoloxía grega Categoría:Personaxes da Guerra de Troia