Call of Duty 3 é un videoxogo pertencente á serie Call of Duty, ambientado durante a segunda guerra mundial. Foi desenvolvido por Treyarch e distribuído por Activision, agás a versión para Playstation Portable, desenvolvida por Amaze. Púxose á venda para Playstation 3, Playstation 2, Playstation Portable, Nintendo Wii, Xbox e Xbox 360.
Argumento O xogo recrea diversas batallas e enfrontamentos tras o desembarco de Normandía entre as tropas aliadas e as tropas nazis. Figuran diversas unidades de franceses, ingleses, estadounidenses, polacos e canadenses.
Armamento O armamento é acorde á época na que se basea a liña argumental, que inclúen diversos rifles automáticos e metralladoras: MP-40, MP-44, FG-42 e FG-42 con mira telescópica, metralladora MG-42, fusís: Kar98k e Kar98k con mira telescópica, Gewehr 43(semiautomática), antitanque Panzerschreck; por parte do Eixe.
Armas lixeiras automáticas: BAR(EEUU), Thompson(EEUU), Bren(Canadá e Polonia), Sten (Reino Unido), fusís: Springfield, M1 Garand, Lee Enfield e Lee Enfield con mira telescópica, ambas de uso canadense e británico.
Vendas A versión de PS3 vendeu aproximadamente 700 000 copias , a de Xbox 360 2,35 millóns , a de Wii 1,36 millóns e a de PS2 870 000 copias .
Críticas Os baremos e as críticas varían moito segundo a versión. Para PS3 e Xbox 360 déuselle grande importancia ao apartado técnico. As versións de Wii e PS2 teñen un apartado técnico inferior, debido ás especificacións técnicas inferiores destes dous equipos. A versión para Wii está adaptada ao control propio da videoconsola. Acadou un 69 en Metacritic . A versión de PS2 conseguiu un 82 , a de PS3, un 80 e a de Xbox 360, un 82 . A de Xbox, un 83.
Notas
Categoría:Call of Duty Categoría:Videoxogos de 2006