S/2004 S 12 é unha pequena lúa de Saturno. Este descubrimento foi anunciado por Scott S. Sheppard, David C. Jewitt, Jan Kleyna, e Brian G. Marsden o 4 de maio do 2005 a partir de observacións feitas entre o 12 de decembro do 2004 e o 9 de marzo do 2005.

S/2004 S 12 ten uns 5 km de diámetro e orbita Saturno a unha distancia mediade 19,906 millóns de km en 1148,541 días, ten un movemento retrogrado, cunha inclinación orbital de 164° respecto da eclíptica (162° respecto do ecuador de Saturno) e unha excentricidade de 0,396.

Véxase tamén

Outros artigos Grupo Nórdico Saturno

Ligazóns externas

Institute for Astronomy Saturn Satellite Data Jewitt's New Satellites of Saturn page IAUC 8523: New Satellites of Saturn 4 de maio do 2005 (descubrimento) MPEC 2005-J13: Twelve New Satellites of Saturn 3 de maio do 2005 (descubrimento e efemérides)

Categoría:Lúas de Saturno