John Arthur Carradine, nado no barrio de Hollywood, nos Ánxeles (California), o 8 de decembro de 1936 e finado en Bangkok o 3 de xuño de 2009, foi un actor estadounidense, máis coñecido polo nome de David Carradine. Acadou sona polo seu traballo na serie de televisión dos anos 70 Kung Fu e máis recentemente coa película Kill Bill. Apareceu en máis de 100 filmes e foi nomeado catro veces a un Globo de Ouro.

Traxectoria Primeiros anos Carradine naceu en Hollywood (California), fillo de Ardanelle Abigail (nacida McCool; 1911-1989)Social Security Death Index e do destacable actor estadounidense John CarradineDavid Carradine Biography (1936-). Era o medio irmán de Bruce, Keith e Robert Carradine, así como o tío de Ever Carradine e mais Martha Plimpton. Carradine tiña devanceiros irlandeses, ingleses, escoceses, galeses, alemáns, españois, italianos, ucraínos e cherokees. Carradine acudiu á escola de primaria de Oakland (California) e máis adiante estudou drama na Universidade do estado de San Francisco antes de traballar como actor en teatro, televisión e cinema. Cambiou o seu nome a David tras comezar a súa carreira.

Carreira

Actuou na serie de televisión, Shane, pero sobre todo se fixo coñecido polo seu papel de Kwai Chang Caine na serie Kung Fu. Tamén interpretou numerosos papeis en filmes, destacando o seu de Bill nos volumes das películas Kill Bill, de Quentin Tarantino.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Actores de California Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de voz dos Estados Unidos de América Categoría:Personalidades das artes marciais Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Nados nos Ánxeles Categoría:Nados en 1936 Categoría:Finados en 2009 Categoría:Paseo da Fama de Hollywood