O Coliseum é un estadio de fútbol de titularidade municipal da cidade de Xetafe, na Comunidade de Madrid, situado no barrio de Xetafe Norte. Nel xoga os seus partidos como local o Getafe Club de Fútbol. Chamouse oficialmente ata o 4 de outubro de 2023 Coliseum Alfonso Pérez.

Denominación Ata o 4 de outubro de 2023 levou o nome do xogador de fútbol Alfonso Pérez. Paradoxalmente Alfonso nunca chegou a militar no Getafe Club de Fútbol, nin chegou sequera a enfrontarse a este equipo, nin xogou nunca no seu estadio; pero é natural da cidade de Xetafe, sendo probablemente o xogador de fútbol máis famoso desta localidade. Ademais en 1998, cando se construíu o estadio, atopábase no punto álxido da súa carreira.

Historia O estadio foi construído en 1998 e, tras varias ampliacións, ten unha capacidade de 18 000 persoas, cunha asistencia media aproximada de 10.000 persoas. As bancadas norte e leste aséntanse sobre uns pequenos outeiros naturais. Nas bancadas oeste instalouse un teito que cobre case a totalidade das mesmas co fin de evitar as inclemencias do tempo. No estadio disputáronse varios partidos amigables entre seleccións nacionais de fútbol.

O anterior campo do Xetafe chamábase Estadio de Las Margaritas e estaba situado preto de onde hoxe se sitúa a Residencia Universitaria Fernando de los Ríos, na Avenida de las Ciudades. Foi derrubado en 1996 e ata que se inaugurou o Coliseum o club xogou no chamado estadio de Juan de la Cierva, dentro do Polideportivo do mesmo nome, na Avenida de Juan de Borbón.

Véxase tamén

Ligazóns externas Instalacións do Getafe CF

Categoría:Estadios de fútbol da Comunidade de Madrid Categoría:Xetafe Categoría:Getafe CF