Call of Duty: Modern Warfare 2, tamén denominado Modern Wafare 2 é un videoxogo pertencente á serie Call of Duty. Programado por Infinity Ward e distribuído por Activision, foi lanzado en novembro de 2009 para PC Windows, Xbox 360 e Playstation 3. Segue a liña argumental iniciada por Call of Duty 4: Modern Warfare.
Argumento Continúa a historia de Call of Duty 4: Modern Warfare, xogo co que comparte numerosas personaxes. A acción comeza en Afganistán, onde as forzas especiais estadounidenses e británicas combaten contra insurxentes. A partir de entón, sucédense varios actos terroristas por Europa, instigados polas forzas ultranacionalistas rusas. Estilo de xogo Segue a liña dos seus predecesores, un FPS (first person shooter), con modo campaña para un xogador, e con varias personaxes máis controladas pola máquina. Tamén contén un modo multixogador en liña e unha serie de misións especiais a modo de extra. O armamento presentado é real, incluíndo rifles de asalto, escopetas, pistolas e granadas. Non obstante, varios críticos afirmaron del que era demasiado parecido a Call of Duty 4: Modern Warfare, tamén programado por Infinity Ward .
Recepción e crítica O xogo contou dende o principio cunha grande expectación. Modern Warfare 2 obtivo moi boas cualificacións que acadaron segundo Metacritic un 94 en PS3 http://www.metacritic.com/games/platforms/ps3/modernwarfare2, un 94 en Xbox 360 http://www.metacritic.com/games/platforms/xbox360/modernwarfare2 e un 86 en PC .
Vendas Rapidamente, Modern Warfare 2 converteuse nun dos videoxogos máis rapidamente vendidos da historia, acadando as 7 millóns de copias nun só día. A versión de Xbox 360 foi a máis vendida, superando os 10 millóns de exemplares http://www.vgchartz.com/games/game.php?id=28848. A versión de PS3 vendeu aproximadamente 7 millóns de copias http://www.vgchartz.com/games/game.php?id=28847.
Notas
Categoría:Call of Duty Categoría:Videoxogos de 2009 Categoría:Videoxogos dun xogador e multixogador Categoría:Videoxogos de Activision Categoría:Videoxogos de Square Enix Categoría:Videoxogos de OS X Categoría:Videoxogos de PlayStation 3 Categoría:Videoxogos de Windows Categoría:Videoxogos de Xbox 360 Categoría:Videoxogos desenvolvidos nos Estados Unidos de América