Aaliyah Dana Haughton, nada o 16 de xaneiro de 1979 e finada o 25 de agosto de 2001, foi unha cantante afroamericana de R&B, que actuou tamén en dous filmes antes da súa morte nun accidente de aviación aos 22 anos.
Nada en Brooklyn, Nova York, medrou en Detroit. En 1994 lanzou o seu primeiro álbum, Age Ain't Nothing But a Number, que se converteu en disco de platino. O seu segundo álbum, Once In A Million saíu a fins de 1996, nel incluíase o éxito internacional If Your Girl Only Knew que acadou o dobre platino nos Estados Unidos. En 2001 a súa canción Try Again converteuse en número un na lista americana.
Filmografía + Cine e televisión Ano Título Medio Papel Notas 1989 Star Search Programa de televisión Ela mesma 1 episodio 1997 New York Undercover Serie de televisión Ela mesma (convidada) Tempada 3, episodio 65: "Fade Out" 2000 Romeo ten que morrer Cine Trish O'Day 2002 Queen of the Damned Cine Raíña Akasha Estrea póstuma
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb
Categoría:Cantantes de Nova York Categoría:Nados en 1979 Categoría:Nados en Brooklyn Categoría:Finados en 2001 Categoría:Finados en accidente aéreo Categoría:Estadounidenses de ascendencia indíxena americana Categoría:Estadounidenses de ascendencia africana