A AG-54 é unha autoestrada dependente da Xunta de Galicia que enlaza a AG-53 con Maside e coa vila do Carballiño. Construíuse conxuntamente coa AG-53, como ramal desta cara ao Carballiño, polo que a súa concesionaria é a sociedade pública ACEOUSA.

A construción comezou en xullo de 2008 cun investimento de 36 millóns de euros e púxose en servizo en outubro de 2009, acurtando a 14 minutos a viaxe entre O Carballiño e Ourense. No momento da súa apertura esperábase que tivese unha media de 9000 vehículos diarios"Feijóo proclama que la AG-54 "une" la comarca de O Carballiño con el "resto de vías de alta capacidad de Europa"", artigo de Europa Press, 29 de outubro de 2009 ..

Saídas Número de saída Nome da saída eEstrada coa que liga25px Santiago de Compostela - Lalín Ourense  AG-53 15px 1 Maside - Negrelle  OU-0303  25px O Carballiño  N-541 

Notas

Véxase tamén Outros artigos Autoestrada Central Galega

Categoría:Autovías autonómicas de Galicia Categoría:Estradas da provincia de Ourense