God of War III é a terceira entrega en consolas de sombremesa da saga de videoxogos God of War, lanzado mundialmente para a PlayStation 3 o 16 de marzo de 2010 . O xogo, cronoloxicamente, é o quinto e último bloque da saga, despois de God of War: Chains of Olympus, God of War, God of War: Betrayal e God of War II.
Trailers No evento dos videoxogos E3 de 2008 revelouse o primeiro trailer do xogo, ensinando ao personaxe principal, Kratos, nunha Grecia chea de moreas derruídas.
O 13 de febreiro de 2009, Sony realizou unha conferencia nos Anxos ensinando novas imaxes do xogo, informouse que a data oficial revelaríase no E3 2009 e ensinouse un novo trailer mostrando o enorme paso que deu a saga tanto en xogabilidade como nos gráficos e escenarios. Nesta conferencia Sony deu a coñecer a páxina Web oficial do xogo, na que se amosaron varios trailers e imaxes.
Introdución do xogo O xogo comeza cunha narración feita por Zeus, que ensina cando os titáns soben ó Olimpo onde se ven ós deuses Poseidón (deus do Mar), Hermes (Mensaxeiro dos deuses), Zeus (o deus do Olimpo), Hades (Deus do inframundo) e Helios (Deus do Sol) na base do monte, e pouco despois amosan o titán gaia escadando o monte Olimpo. Ao final aparece Kratos, da mesma forma que no final de God of War II.
Sistema de xogo O sistema de xogo é similar as anteriores entregas, mesturando o combate coa exploración e os crebacabezas, con certos trocos no control e coa posiblidade de usar diferentes armas e obxectos. Os poderes dos deuses e dos titáns foron substituídas por outro tipo de movementos especiais.
Armas Espadas de Atenea: empréganse ao comezo do xogo e até a batalla con Poseidón, sendo substituídas polas Espadas do Exilio. Espadas do Exilio: Obtidas do espectro de Atenea no inframundo. Cestus de Nemea: Con forma de testa de león, conseguense tras derrotar a Hercules. Gadoupas de Hades: Conseguense tras derrotar a Hades. Látego de Némesis Espada do Olimpo: Gran espada coa que se gañou a guerra entre titáns e deuses
Poderes Arco de Apolo: Un arco e unha frecha de lume obtido tras queimar a Peirithous no inframundo. Testa de Helios: Obtido tras arrincarlle a testa ó deus do sol. Botas de Hermes: Adquiridas despois de matar a Hermes.
Notas
Véxase tamén Outros artigos God of War God of War II God of War: Chains of Olympus God of War: Betrayal God of War Collection Ligazóns externas Análise de God of War 3 Análise de God of War 3 Análise de God of War 3 en Mendoza Gamers
Categoría:Videoxogos de 2010 Categoría:Videoxogos dun só xogador Categoría:Videoxogos de Sony Computer Entertainment Categoría:Videoxogos de PlayStation 3 Categoría:Videoxogos de PlayStation 4