Margaret Bourke-White nada en Nova York o 14 de xuño de 1904 e finada en 1971, foi unha fotógrafa estadounidense.

Traxectoria Interesouse pola fotografía cando estudaba na Universidade Cornell. Foi alumna de Clarence Hudson White na Universidade de Columbia e despois abriu o seu estudo en Cleveland, onde se especializou na fotografía arquitectónica.

Era unha muller de esquerdas que fixo varias viaxes á antiga Unión Soviética. Así, en 1931 publicou "Eyes on Russia". Casou con Erskine Caldwell en 1939 e foron os únicos xornalistas estranxeiros na ocupada URSS tras a invasión do exército alemán en 1941. Tras a segunda guerra mundial interesouse pola campaña da non violencia impulsada por Gandhi.

Obra Eyes on Russia (1931) You Have Seen Their Faces (1937) Say Is This the USA? (1942) Interview with India (1950) Portrait of Myself (1963)

Véxase tamén Ligazóns externas Margaret Bourke-White

Categoría:Xornalistas dos Estados Unidos de América Categoría:Fotógrafos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1904 Categoría:Nados en Nova York Categoría:Finados en 1971 Categoría:Finados por párkinson