Myrtales (os mirtais) é unha orde de plantas anxiospermas (plantas con flor - división Magnoliophyta), pertencente á clase Magnoliopsida (Dicotiledóneas - planta cuxo embrión contén dous ou máis cotiledóns).

Caracterízanse por teren follas simples, enteiras. Flores normalmente tetrámeras, sincárpicas e estiletes soldados. Os ovarios tamén están soldados. O receptáculo floral é máis ou menos cóncavo, chegando a ser tubular. As sementes posúen endosperma ben desenvolvido.

Familias

Alzateaceae Combretaceae Crypteroniaceae Gonystylaceae Heteropyxidaceae Lythraceae Melastomataceae Memecylaceae Myrtaceae Oliniaceae Onagraceae Penaeaceae Psiloxylaceae Punicaceae Rhynchocalycaceae Sonneratiaceae Thymelaeaceae Trapaceae Vochysiaceae

Notas

Véxase tamén Bibliografía Angiosperm Phylogeny Group (2003). An update of the Angiosperm Phylogeny Group classification for the orders and families of flowering plants: APG II. Botanical Journal of the Linnean Society 141: 399-436. (Dispoñíbel online: Texto completo (HTML) | Texto completo (PDF)) Clasificación das dicotiledóneas - ITIS 18063 Classifición das eudicotiledóneas - Proxecto Tree of Life Sinónimos das ordes - Angiosperm Phylogeny Website

Outros artigos Monocotiledónea Cotiledón